Entries by

Porque a saúde non debe agardar, nunca

Agora, tras pouco máis dun ano de pandemia, se de algo nos demos de conta é de que o noso benestar nunca debe agardar, porque cando falla a saúde o mundo párase.  Na actualidade, comezan a facerse evidentes algunhas das súas moitas consecuencias que este peculiar ano nos está a deixar. Unha mostra é a […]

Chegar ao verán si, pero con saúde

Atopámonos no mes de abril, a ben pouco do verán, e xa comezamos a escoitar a necesidade de facer dietas de cara á “operación bikini” para perder uns quiliños. Dentro destas existe unha gran variedade, pero hai algunhas que ofrecen uns resultados incríbeis en moi pouco tempo e con practicamente nada de esforzo: as dietas […]

Adestramento outdoor e indoor, o bo de cada lado

A práctica deportiva podémola realizar de múltiples xeitos, de forma individual ou con máis xente, cunha longa ou curta duración… Igualmente, hai persoas que só adestran en espazos exteriores e outras no interior, pero hoxe ímosvos falar dos beneficios destes dous tipos de adestramento e por que combinar ambos é o ideal. Os exercicios outdoor […]

A adolescencia, esquecida e na sombra da pandemia

Aínda que ao longo da pandemia puidemos coñecer as consecuencias que padeceron -e aínda seguen a sufrir- os colectivos esenciais na loita contra a COVID-19, pouco se fala das grandes esquecidas, as persoas cunha idade comprendida entre os 12 e 19 anos. Os e as adolescentes estiveron no punto de mira ao longo deste ano […]

Fisioterapia e migrañas: que non te traian de cabeza

As dores de cabeza, como as migrañas, poden causar molestias que chegan a durar horas ou mesmo días. No blog de hoxe amosámosche cales son as principais causas deste tipo de doenzas e como a fisioterapia pode axudar a remitilas. O primeiro que debemos coñecer é que a migraña é unha enfermidade que padecen moitas […]

Menos pasos, menos pratos: axusta a túa alimentación

Notaches que neste último ano perdiches forma física? Ou quizá gañaches algo de peso? Ás portas do -para nada festexable- aniversario do inicio da pandemia e de todo o que con ela chegou ás nosas vidas, é inevitable botar a vista atrás para ser conscientes deses cambios que trouxo ao noso día a día. Variacións […]

Fisioterapia a domicilio, por que deberías tela en conta?

A fisioterapia é unha parte esencial no coidado do noso benestar, e é por iso que non debemos descoidar este tratamento nin nos momentos máis complicados. Ante a situación pandémica que atravesamos é común que moitas persoas non poidan saír da súa casa, simplemente non queiran ou non lles sexa posible desprazarse con facilidade. A […]

Neuromodulación, a túa solución

A bo seguro xa sabes que estamos compostos de neuronas que se conectan entre si para intercambiar mensaxes en forma de impulsos nerviosos. Mais, cando isto falla, que podemos facer? A neuromodulación é unha técnica nova que, ademais de gardar moita relación co sistema nervioso, tamén pode tratar calquera patoloxía musculoesquelética, lesións crónicas ou mesmo […]

O benestar físico e psicolóxico na loita contra o cancro

O cancro é unha enfermidade que pode provocar en nós moitos cambios e alteracións tanto físicos como psicolóxicos, por iso é importante tratar de coidar o noso corpo e a nosa mente no proceso. Neste blog ímosche ensinar como a boa alimentación, a práctica de exercicio, a fisioterapia e o coidado psicolóxico poden achegar beneficios […]

Que a COVID-19 non te pare. A importancia dun bo estado físico fronte á enfermidade.

Sabías que o estado da túa forma física é fundamental ante as complicacións que nos pode traer a covid-19? As restricións impostas dende o comezo da pandemia, tales como os toques de queda ou a distancia social, fixeron que moitas persoas descoidaran o seu benestar físico, polo que consideramos importante explicarche os beneficios da práctica […]