A Nosa Historia

Nada fai que unha persoa sexa máis distinta doutra que os seus nomes e apelidos. Por iso decidimos bautizar o noso proxecto conxunto cos apelidos dos dous socios que promovemos, fai xa máis dunha década, o nacemento deste proxecto.

Sabemos que se nestes anos de vida conseguimos medrar foi grazas á confianza dos nosos pacientes, que nos acompañaron na nosa evolución. E é que continuamos a ser os mesmos profesionais que afrontamos cada día coma se fose o primeiro mais, iso si, co apoio que nos brinda a experiencia clínica e o compromiso coa formación continua.

De feito, non temos máis segredos que o noso entusiasmo polo noso proxecto e a certeza de que cada un dos nosos pacientes é único e, como tal, require un tratamento personalizado e individualizado. Precisamente por este motivo esforzámonos por ter un equipo humano, un equipo técnico e unhas instalacións á altura do que cada un dos nosos usuarios merece.

Así, aínda que cada ano engadimos novos tratamentos e novas especialidades, a nosa esencia segue a ser a mesma. A fin de contas, os nosos nomes e apelidos acompáñannos ata o final dos nosos días.