Instalacións
A túa casa di moito de ti. Por iso coidamos ata o último detalle dos nosos dous centros: o Centro Integral de Saúde e Benestar de Arteixo e o noso Centro de Fisioterapia no emblemático Club do Mar de San Amaro da Coruña.
No noso compromiso permanente de ofrecer novos servizos, fomentamos a incorporación de tres áreas complementarias (nutrición, psicoloxía e adestramento persoal) á rama principal da fisioterapia. Con isto, canda a unhas instalacións modernas, cómodas e accesibles, queremos poñer á túa disposición todas as ferramentas que che axudarán a acadar ese obxectivo de benestar que te fixaches nun centro pioneiro en Arteixo.
Pola súa banda, tanto os usuarios do Club do Mar de San Amaro como os coruñeses en xeral teñen acceso aos nosos servizos nun ambiente tamén privilexiado, resgardado na enseada que lle dá nome a esta sociedade deportiva. Así, a nosa clínica da Coruña funciona como unha Unidade de Fisioterapia na que atendemos diferentes especialidades, entre as que destacan a fisioterapia deportiva, traumatolóxica e reumatolóxica.