Nós

O noso obxectivo é a túa saúde e benestar, sen importar o ámbito dende o que teñamos que actuar. O equipo integral de profesionais da fisioterapia, da nutrición, da psicoloxía ou do adestramento persoal abordará o teu problema dende esas catro ópticas complementarias poñendo en práctica tratamentos consensuados entre as diferentes ramas nas que poida ter impacto. Así, dun xeito integrador e tratando a saúde en xeral como un “todo”, é como en García e Lestón conseguimos obter os mellores resultados para os nosos pacientes.

Acada ese salto de calidade no teu nivel de benestar que tanto estás a procurar. Minimiza o impacto dunha lesión e recupera a vitalidade e a saúde que tanto desexas. Comeza a traballar xa desde a base, a nutrición; mellora o teu rendemento diario co adestramento ou readaptación persoal; supera todos eses problemas ou obstáculos coa nosa psicóloga; ou elimina e prevén as lesións co noso equipo de fisioterapia.

Faino connosco. Faino con García e Lestón Fisioterapeutas.