Adestramento outdoor e indoor, o bo de cada lado

A práctica deportiva podémola realizar de múltiples xeitos, de forma individual ou con máis xente, cunha longa ou curta duración… Igualmente, hai persoas que só adestran en espazos exteriores e outras no interior, pero hoxe ímosvos falar dos beneficios destes dous tipos de adestramento e por que combinar ambos é o ideal.

Os exercicios outdoor abranguen o deporte realizado ao aire libre e as actividades organizadas nas que existe o contacto coa natureza.

Entre os beneficios desta práctica podemos destacar que:

 

  • Non é estrita, podes modificala e facer múltiples variacións doadamente.
  • O contacto coa natureza e respirar aire fresco e puro mellora o estado de ánimo e a motivación, á vez que diminúe os niveis de tensión.
  • Presenta unha gran variedade de posibilidades como o ciclismo, running, patinaxe… e ata podes probar novos deportes!
  • Permíteche gozar dun espazo bastante amplo, o que reduce o contacto con outra xente, recomendable na actual situación de pandemia.

 

Pola contra, o indoor ten lugar en espazos pechados onde os elementos externos non dificultan a súa realización e as ferramentas dispoñibles o complementan, ademais:

 

  • Permite o adestramento específico sobre unha parte do corpo.
  • Os resultados son máis efectivos ao traballar con obxectivos puntuais.
  • Cantas veces viches pola ventá que chovía e deixaches o deporte para outro día? O clima non é un problema.

 

Xa coñecemos os beneficios destas dúas prácticas pero, aínda non estás seguro/a de como podes combinalas?

Nós recomendámosche empregar a outdoor como unha forma de gozar do aire libre e relaxarte vendo a paisaxe, complementándoa coa indoor ao carón dun adestrador/a persoal. O feito de ter profesionais á túa disposición permíteche realizar os exercicios que mellor se adapten a ti e traballar así dun xeito máis específico.

No Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón contamos co mellor equipo profesional en adestramento persoal. Conseguiremos que facer exercicio non che dea preguiza nin o deixes para outro momento. A que estás agardando para comezar este camiño co mellor asesoramento?

A adolescencia, esquecida e na sombra da pandemia

Aínda que ao longo da pandemia puidemos coñecer as consecuencias que padeceron -e aínda seguen a sufrir- os colectivos esenciais na loita contra a COVID-19, pouco se fala das grandes esquecidas, as persoas cunha idade comprendida entre os 12 e 19 anos.

Os e as adolescentes estiveron no punto de mira ao longo deste ano en numerosas ocasións por seren supostamente responsables do aumento dos contaxios ou por saltar as restricións, unha xeneralización que pon de manifesto que as persoas novas son estigmatizadas dunha forma inxusta. Pola contra, o certo é que son as máis afectadas por esta pandemia logo do persoal sanitario e das persoas maiores.

De súpeto, bateron co detemento da súa vida nun momento de crecemento vital, onde as relacións sociais son moi importantes para a resolución de conflitos e tamén para o autocoñecemento persoal. Cunha grande incerteza sobre o seu futuro laboral e un elevado desánimo e falta de motivación, refuxiáronse nos seus ordenadores ou móbiles, illándose aínda máis do que o fixo o confinamento.

O inicio da pandemia provocou o emprego destas pantallas tanto para as tarefas educativas como para o lecer, levando consigo unha diminución do tempo de interacción coa familia nun momento no que a convivencia era moi estreita. Coa rebaixa das restricións algúns adolescentes volveron coa súa vida nesta “nova normalidade”, pero que pode acontecer cos que preferiron seguir fronte ao seu ordenador? O uso excesivo de ferramentas dixitais pode chegar a causar malestar e irritabilidade cando non se está conectado ou conectada, creando unha dependencia ou adicción. Para evitar esta problemática cómpre favorecer un clima agradable e saudable no interior do fogar. A comunicación é moi importante, falar de como se senten ou cales son as súas preocupacións pódelles axudar a desafogarse.

Ademais, débese prestar atención aos cambios de ánimo dos/as adolescentes e non dubidar en buscar axuda profesional. Dende a nosa área de Psicoloxía do Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón podemos apoiarte no coidado da túa saúde mental e tamén á hora de superar os efectos negativos que nos está a deixar esta pandemia.

Fisioterapia e migrañas: que non te traian de cabeza

As dores de cabeza, como as migrañas, poden causar molestias que chegan a durar horas ou mesmo días. No blog de hoxe amosámosche cales son as principais causas deste tipo de doenzas e como a fisioterapia pode axudar a remitilas.

O primeiro que debemos coñecer é que a migraña é unha enfermidade que padecen moitas persoas e cuxos síntomas poden presentarse de xeito frecuente. Caracterízase por ser unha dor aguda e punzante nun lado da cabeza ou en ambos, pero pode traer consigo outros efectos prexudiciais como náuseas, vómitos, sensibilidade á luz ou aos sons, vertixe ou mareos.

Ademais, ver puntos de luz, escintileos ou puntos negros poden ser indicativos de que imos sufrir unha migraña e preséntanse, normalmente, un pouco antes de padecer a dor de cabeza. Pon ollo a esta sintomatoloxía para estar alerta ante un posible gromo!

Por outra parte, é coñecido que as causas polas que podemos sufrir destas dores son variadas:

 

  • Estrés.
  • Menstruación.
  • Falta ou exceso de sono.
  • Antecedentes familiares.
  • Cambios no clima: temperatura, vento, etc.
  • Consumo de certos alimentos como chocolate, alcohol ou cafeína.

 

A fisioterapia axuda a recoñecer estas causas e a aliviar as dores e as molestias provocadas pola migraña. Algúns dos tratamentos máis comúns son:

 

  • Osteopatía cranial.
  • Corrección da postura mediante exercicios específicos ou tratamentos combinados con disciplinas como Pilates Terapéutico ou adestramento persoal.
  • Liberación dos puntos de gatillo.
  • Osteopatía estrutural, centrada nas cervicais.
  • Técnicas viscerais en diafragma, estómago, colon, útero ou vexiga entre outros.

 

Como non podía ser doutro xeito, a nosa visión global e integral da saúde e do benestar lévannos a contarche tamén como combater a migraña a través da dieta. Evita a inxesta de alimentos con altos niveles de histamina coma o aguacate, o chocolate, a cervexa, o cava, o marisco ou o leite e os lacteos.

Se ti sofres dalgunha cefalea ou migraña recorda que en García e Lestón dispoñemos dun equipo de fisioterapeutas disposto a axudarche a combater esas dores e a alcanzar o teu benestar.

Menos pasos, menos pratos: axusta a túa alimentación

Notaches que neste último ano perdiches forma física? Ou quizá gañaches algo de peso?

Ás portas do -para nada festexable- aniversario do inicio da pandemia e de todo o que con ela chegou ás nosas vidas, é inevitable botar a vista atrás para ser conscientes deses cambios que trouxo ao noso día a día. Variacións que, sen dúbida, puideron afectar a practicamente todos os aspectos do noso comportamento habitual.

 

  • En moitos casos, mudouse o lugar de traballo pola casa, o que implica unha redución nos desprazamentos que, de non existir a pandemia, se farían andando.
  • O que antes era baixar a polo café, agora converteuse nun escaso paseo ata a cociña para servilo.
  • En caso dos deportistas profesionais – ou non tan profesionais – seguro que a actividade se viu afectada en parte.
  • Ou, sen ir máis lonxe, a obriga de peche de ximnasios provocou innumerables paradas no desenvolvemento dos adestramentos de cada un.

 

E agora, tendo todo isto en conta, dende García e Lestón queremos lanzarche a seguinte pregunta: soubeches adaptar a túa alimentación a todos os cambios que se foron producindo durante este último ano?

Unha das grandes vantaxes que temos como especie é a nosa capacidade de adaptación, aspecto que quedou completamente demostrado nos últimos 365 días, pero, para que este se produza, ten que existir vontade.

Do mesmo xeito que conseguimos adaptar o dormitorio de invitados nunha oficina ou o moble da entrada nun punto de desinfección, coas rutinas alimentarias teriamos que ter feito o mesmo e isto é unha situación que, na maioría das persoas, non se deu.

E para poñer fin a esta situación e coa finalidade de mellorar a condición física e nutricional de todos e todas, dende a área de nutrición do noso Centro Integral de Arteixo queremos deixarvos unha serie de consellos:

 

  • Sé consciente da túa actividade, ponte en mans dun profesional se é necesario e coñece cal é o teu gasto calórico real.
  • Adapta a túa alimentación a este gasto. Menos actividade, menos calorías.
  • Planifica as comidas de toda a semana con antelación e realiza unha compra consciente e responsable dos produtos que realmente necesitas para cubrir esas necesidades.
  • Tenta manter unha rutina nas túas comidas e cumprila.
  • Procura levar unha dieta variada e equilibrada que inclúa froitas, verduras, legumes, peixe, carne e graxas saudables.

 

Cres que estás nesta situación e non soubeches xestionar todos estes cambios a nivel alimenticio? Todo o tema da nutrición quédaseche grande? No Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo contamos cunha área específica de nutrición. Pide cita e comeza a gozar dos cambios que supón levar unha alimentación adaptada ás túas necesidades.

Fisioterapia a domicilio, por que deberías tela en conta?

A fisioterapia é unha parte esencial no coidado do noso benestar, e é por iso que non debemos descoidar este tratamento nin nos momentos máis complicados.

Ante a situación pandémica que atravesamos é común que moitas persoas non poidan saír da súa casa, simplemente non queiran ou non lles sexa posible desprazarse con facilidade. A fisioterapia a domicilio é unha resposta lóxica e natural a este problema e permite que os grupos de risco da covid-19 poidan recibir un tratamento adecuado na comodidade do seu fogar. Por exemplo:

 

  • Pacientes de cancro.
  • Cun sistema inmune débil.
  • Persoas de idade avanzada ou con problemas de mobilidade.
  • Con diabetes ou obesidade.
  • Con patoloxías respiratorios ou enfermidades cardíacas.

 

Recibir estes coidados na casa reduce a posibilidade de contraer o virus a todos estes grupos de risco, polo que a opción de fisioterapia a domicilio e na comodidade do fogar será unha máis de todas as respostas que estamos a dar, dende García e Lestón, ás necesidades que xorden a raíz da situación actual. Do mesmo xeito, esta modalidade de fisiotarpia é a mellor alternativa para persoas dependentes, con escasa mobilidade, con algunha discapacidade ou doentes de lesións ou operacións que precisen de repouso.

Que o/a fisioterapeuta poida levar un seguimento máis personalizado do paciente, que teña a posibilidade de coñecer e comprobar a súa rutina e proporcionarlle indicacións, que o paciente se sinta moito máis cómodo ou que se reduzan os tempos de recuperación ao deixar de lado o desprazamento ata a clínica, son só algúns dos múltiples beneficios que podemos atopar neste tipo de servizos.

Nestes momentos o coidado da túa saúde é máis importante que nunca, dende García e Lestón somos conscientes e por iso ofrecemos o noso servizo de fisioterapia domiciliaria para que nada te free e para facer da túa recuperación algo máis doado, seguro, rápido e eficaz. Porque o compromiso que temos establecido co benestar dos nosos pacientes non se vai romper con nada.

Neuromodulación, a túa solución

A bo seguro xa sabes que estamos compostos de neuronas que se conectan entre si para intercambiar mensaxes en forma de impulsos nerviosos. Mais, cando isto falla, que podemos facer?

A neuromodulación é unha técnica nova que, ademais de gardar moita relación co sistema nervioso, tamén pode tratar calquera patoloxía musculoesquelética, lesións crónicas ou mesmo a síndrome do túnel carpiano. Como se realiza? Grazas a unhas agullas.

Non tremas: vai sendo hora de que deixemos de asociar esta ferramenta á costura e que comecemos a normalizar o seu uso no mundo da fisioterapia. Aínda que son moitas as persoas que se asustan, é importante que saibas que se trata dun proceso indoloro e que non ten ningún risco para a túa saúde.

A técnica consiste en inserir unhas agullas (que poden ser tanto de acupuntura como unhas específicas) nos tecidos con danos e, a partir de aí, aplicar unha corrente eléctrica de frecuencia baixa. Trátase dun tratamento tan rápido coma seguro.

E o mellor é que os resultados non se farán agardar, xa que pouco despois da sesión comezarás a sentir beneficios como que diminúe a dor crónica, mellora a mobilidade, non ten efectos secundarios negativos e reduce (ou mesmo elimina) o uso de medicamentos.

Cómpre, ademais, destacar que en García e Lestón contamos con dúas ferramentas adicionais que nos permiten que cada incisión sexa aínda máis precisa:

  • Empregamos un ecógrafo para ter unha vista completa do que imos abordar.
  • Combinamos esta técnica co Pointer, un instrumento que une a súa función de buscapuntos coas de estimulación eléctrica e láser. Grazas a el pódese regular a sensibilidade de localización e a intensidade do impulso.

Se cres que estas técnicas se poden adaptar a ti, visítanos na área de fisioterapia do noso centro integral de saúde e benestar. Coma sempre, entrarás polas nosas portas cun problema e sairás cunha solución… e coa sorpresa de ter coñecido unha nova ferramenta moi útil.

O benestar físico e psicolóxico na loita contra o cancro

O cancro é unha enfermidade que pode provocar en nós moitos cambios e alteracións tanto físicos como psicolóxicos, por iso é importante tratar de coidar o noso corpo e a nosa mente no proceso. Neste blog ímosche ensinar como a boa alimentación, a práctica de exercicio, a fisioterapia e o coidado psicolóxico poden achegar beneficios durante esta doenza.

Comezando pola alimentación, é importante aclarar que unha persoa con cancro non vai ter as mesmas necesidades nutricionais que unha persoa que non o padeza. O paciente de cancro necesitará consumir unha serie de alimentos que lle axuden a fortalecerse para poder afrontar os efectos tanto da enfermidade como do tratamento, polo que é importante que recorra a profesionais para saber como alimentarse debidamente. Unha boa nutrición pode axudar a:

 

  • Conservar o peso corporal.
  • Manter un bo nivel de enerxía.
  • Soportar mellor as secuelas do tratamento.
  • Previr infeccións.

 

Por outra banda, o exercicio físico tamén aporta vantaxes á hora de afrontar as consecuencias provocadas pola enfermidade ou o tratamento:

 

  • Axuda a diminuír a dor.
  • Reduce a fatiga, o cansazo, as náuseas e vómitos.
  • Diminúe o risco de trombose.
  • Mellora a ansiedade, a autoestima e o estrés.

 

Do mesmo xeito a fisioterapia provoca moitos beneficios no paciente de cancro posto que, cos exercicios adecuados, pode axudar a fortalecer a capacidade respiratoria, combater as alteracións no sistema nervioso ou recuperar a mobilidade en zonas operadas do corpo.

Por último, para poder afrontar esta enfermidade é moi importante coidar a saúde mental e preparase psicoloxicamente para afrontar as adversidades. Para isto é moi importante buscar refuxio nos seres queridos e en profesionais da psicoloxía, continuar traballando na medida do posible, e dedicar tempo a actividades de ocio.

Dende García e Lestón estamos con todos os pacientes que atravesan esta complicada enfermidade e ofrecemos os nosos servicios do Centro Integral de Saúde e Benestar para axudar a calquera persoa que se atope nesta situación a levar esta doenza o mellor posible.

Que a COVID-19 non te pare. A importancia dun bo estado físico fronte á enfermidade.

Sabías que o estado da túa forma física é fundamental ante as complicacións que nos pode traer a covid-19? As restricións impostas dende o comezo da pandemia, tales como os toques de queda ou a distancia social, fixeron que moitas persoas descoidaran o seu benestar físico, polo que consideramos importante explicarche os beneficios da práctica de exercicio nestes tempos pandémicos.

A actividade física é fundamental para alcanzar un estado de saúde óptimo que nos permita loitar contra as infeccións que provoca o virus. Os expertos afirman que manter un bo estado físico axuda a previr certas condicións que están estreitamente relacionadas coa hospitalización e a mortalidade en pacientes da covid-19 como:

 

  • Diabetes
  • Obesidade
  • Hipertensión
  • Enfermidades cardiovasculares ou respiratorias

 

En concreto, un destes factores como é a obesidade, comezou a estenderse entre a poboación durante o período de confinamento. Certos estudos afirman que o 31% da poboación mundial aumentou de peso en 2020. Coa realización de actividade física moderada non só axudamos a fortalecer o noso sistema inmune, senón que tamén podemos evitar problemas de saúde como a obesidade ou calquera outra patoloxía relacionada con ese incremento no peso.

Con todo, non debemos excedernos á hora de facer deporte, posto que o exercicio extremo pode chegar a ser prexudicial para a nosa saúde. Ante todo e como en calquera aspecto da vida, sentidiño!

Neste proceso de mellorar o noso estado físico, tamén debemos ter en conta a nutrición. Unha alimentación saudable en combinación coa práctica de exercicio moderado son factores chave para o noso benestar, non tan só físico, se non tamén psicolóxico. O deporte axúdanos a sentirnos ben, a liberar a mente de preocupacións, a reducir o estrés e, en xeral, a evitar enfermidades psicolóxicas como pode ser a ansiedade, unha das patoloxías que máis están a xurdir neste período tan convulso.

En García e Lestón, grazas ó noso equipo de fisioterapeutas, adestradores e nutricionistas, podemos axudarche a alcanzar, dun xeito totalmente personalizado, responsable e eficiente unha boa forma física para que poidas comezar a gozar dos seus beneficios. Que nada te pare!

Non hai dúas sen tres: coida as túas emocións nesta terceira vaga

A importancia de coidar a túa saúde mental ante a pandemia.

A saúde mental é un aspecto que debemos ter moi en conta para o noso benestar físico e psicolóxico. Recentemente entramos na terceira vaga da covid-19, e os efectos negativos das duras restricións da primeira e a segunda vaga vanse acumulando en nós, orixinando en moitos casos problemas de saúde mental como depresión ou ansiedade.

Do mesmo xeito que acudimos a outros/as profesionais por outro tipo de doenzas, debemos pedir axuda ante a aparición de síntomas que poidan indicar que, efectivamente, necesitamos atención psicolóxica.

Pero cales son as causas principais, no contexto pandémico, da aparición de problemas de saúde mental? Algunhas poden ser:

  • Risco de contacto co virus.
  • Longos períodos de confinamento.
  • Loito ante a perda de familiares e amigos/as.
  • Excesiva exposición ás noticias relacionadas ca pandemia.

Estes problemas poden afectar a toda a poboación, pero existen certos grupos vulnerables que son máis propensos a desenvolver problemas psicolóxicos.

  • O persoal sanitario, polo alto risco de contaxio e a presión laboral.
  • As persoas maiores, pola súa debilidade fronte ó virus, o medo a contaxiarse ou a soidade á que se enfrontan nos períodos de confinamento.
  • A poboación máis moza, ante a incerteza do seu futuro.

Estas cuestións poden provocar en nós a aparición de trastornos de ansiedade, depresión ou estrés postraumático. Entón, que factores me poden indicar que preciso de axuda? Incerteza, angustia, problemas para respirar, tristeza continuada, distracción recorrente, apatía ou pensamentos relacionados coa morte ou o suicidio poden ser indicativos de que precisamos de atención psicolóxica de inmediato.

Ademais, é importante prestar atención a un dos grupos vulnerables máis esquecidos en canto ó impacto psicolóxico da pandemia, os/as adolescentes. Como adiantabamos antes, a incerteza de cara ó futuro é un dos factores chave na aparición de problemas psicolóxicos nun sector da poboación que está en pleno proceso formativo, de autodescubrimento e de interacción social.

A inestabilidade académica, as restricións comunicativas, a posible recesión económica ou as dificultades para acceder ó mercado laboral poden provocar cambios de ánimo, irritabilidade, insomnio, pensamentos suicidas ou mesmo incitar ó consumo de drogas ou alcohol na poboación moza. Debemos estar atentos/as á aparición de sinais e afrontalas sen xerar conflitos.

Se experimentas algún destes indicativos, non dubides en buscar apoio sanitario, agora máis que nunca debemos preocuparnos pola nosa saúde. Dende a nosa área de Psicoloxía do Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón podemos axudarche a superar as doenzas que deixa en nós a pandemia e a coidar a túa saúde mental.

 

Fisioterapia, a solución dos teus esvaróns

Na pantalla e fóra dela, estes días ninguén fala doutra cousa: as redes sociais e os medios de comunicación enchéronse de imaxes de cidades que, contra todo prognóstico, se atopan cheas de neve. E con todas estas nevadas inesperadas chegaron tamén os vídeos con algún que outro escorregón.

En Galicia vimos tamén importantes xeadas, así que todo isto lévanos a pensar inevitablemente nunha das nosas áreas: a fisioterapia, unha disciplina básica nestes casos.

Frío ou calor? Repouso ou movemento? Hai preguntas que só pode contestar un especialista e, como sabes, unha caída pode quedar nunha simple anécdota ou, pola contra, supoñer algo máis grave: mazaduras, luxacións ou mesmo fracturas.

Cando acodes a un especialista, coma os que temos na área de fisioterapia do Centro Integral García e Lestón en Arteixo ou na sede do Club do Mar de San Amaro en A Coruña, realizaremos un primeiro exame no que valoraremos os danos e estipularemos cal será o proceder para solucionar o teu problema.

Poderías caer no erro de pensar que cando non se produce unha rotura de ósos a lesión deixa de ser grave, mais o certo é que este tipo de doenzas poden ser moito máis nocivas para o corpo.

A forma de actuar, coma en todo, varía en función do golpe e máis do paciente, co que podemos aplicar diversas alternativas:

 

  • Rehabilitación de distintas zonas do corpo.
  • Exercicios que contribúan á mobilidade ou o fortalecemento do lugar afectado.
  • Masaxes terapéuticas.
  • Estiramentos.

 

E ollo, porque a tentadora frase “Non fago máis os exercicios que me mandou o meu fisioterapeuta porque xa estou ben” é un erro total.

Se xa nos coñeces saberás que somos partidarios desa filosofía de que vale máis previr que curar, así que lembra que hai unha área da fisioterapia que se ocupa da prevencións das caídas, sobre todo en persoas maiores.

Nelas, o primeiro paso será realizar unha avaliación do risco para continuar cos exercicios personalizados de cada paciente, nos que, sobre todo, se traballa o equilibrio e a coordinación, realizando ademais adestramento de forza, resistencia ou movemento articular.

En García e Lestón non queremos que unha caída, e moito menos debido a Filomena, poida arruinar o túa día a día. Por esta razón, contamos con especialistas en nutrición, fisioterapia, psicoloxía ou adestramento que farán que nada te pare… nin Filomena, nin as nevadas nin as xeadas.