Pesadelo antes de Nadal? Non co pilates máquinas!

Este Nadal queres poñerte en forma cun adestramento que active todo o teu corpo, se adapte ás túas necesidades e que ademais poidas practicalo só ou en compañía? Dende García e Lestón amosámosche unha das disciplinas que está a revolucionar o mundo da saúde física: o pilates con máquinas.

Estas clases combinan os exercicios tradicionais do pilates con tecnoloxía de última xeración, que grazas ao seu deseño ergonómico, contan con diferentes elementos que optimizan os movementos. Outros beneficios que acompañan ao uso destas ferramentas son:

  • Corrección da postura corporal
  • Aumento da forza e resistencia muscular
  • Incremento da coordinación e o equilibrio
  • Mellora da conexión entre corpo e mente

Este tipo de adestramento permite personalizar cada un dos exercicios ás nosas necesidades, regulando a intensidade das máquinas e previndo lesións. Ademais, en García e Lestón tes a posibilidade de realizar as clases individualmente ou na compañía de quen ti queiras, polo que pode ser un dos mellores plans (ou agasallos) para manterte en forma con amigos/as ou familia durante estas datas.

Para que poidas coñecer un pouco o traballo que realizamos nos nosos grupos, a nosa unidade de adestramento amósache a continuación dous dos exercicios que máis están a triunfar este Nadal nas nosas instalacións:

  • Ra: deitado/a na máquina (chamada reformer), coloca unha por unha as cintas nos pés, mantén o pescozo relaxado e os brazos aos lados do tronco. Inhala aire mentres flexionas os xeonllos á altura dos ombreiros, e exhala á vez que estiras as pernas ata tensar as bandas. Despois, volve á posición inicial. Realiza este movemento 10 veces.
  • Serea: sentado/a no reformer, dobra a perna dereita e apóiaa sobre a ombreira da máquina. Despois, flexiona a outra perna e apoia o pé sobre a coxa dereita. Mantén as costas estendidas, pon a man esquerda na barra e inhala e exhala á vez que empuxas a máquina. Deixa caer a cabeza e o tronco sobre o brazo estendido e volve á posición inicial. Repite este movemento 5 veces e cambia de lado.

Estes exercicios son dous dos máis coñecidos dentro da disciplina, non só polos seus rechamantes nomes, senón polos seus altos niveis de eficacia. Con estas dúas sinxelas figuras, conseguirás fortalecer e tonificar os glúteos e pernas ademais de estirar toda a zona lateral do corpo.

Queres descubrir como mellorar o teu estado físico e a túa calidade vida a través do pilates  con máquinas? Pois anímate a probar as nosas clases! Contacta connosco sen compromiso para coñecer toda a información sobre grupos e horarios.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *