Lesión de nocello? Así podes volver á carga con toda a seguridade
De seguro que algunha vez te decataches da importancia que ten a saúde dos teus pés na túa vida diaria por culpa dunha doenza. Moitas veces non somos conscientes do valor que ten o coidado do noso corpo ata que sufrimos unha lesión.
Un calzado inadecuado, unha mala pisada, unha caída… moitos poden ser os factores que causen un dos problemas máis habituais nos nosos pés: a escordadura de nocello. Pero, que sexa algo frecuente non significa que non lle prestemos a atención necesaria. Se non se trata correctamente, esta lesión pode desenvolver afeccións para sempre. Algunhas persoas con escordaduras reiteradas ou graves poden chegar a ter dor e debilidade a longo prazo.
Os exercicios de rehabilitación son esenciais para que a articulación cure por completo e non volva sufrir novas doenzas. Dende García e Lestón, amosámosche algúns consellos que podes levar á práctica para asegurar unha pronta recuperación.
- Exercicios de amplitude do movemento: débense realizar pasadas as 72 horas.
- Alfabeto: cos dedos do pé traza as letras do abecedario alentando o movemento do nocello en todas as direccións. Repíteo entre unha e tres veces.
- Abalo de xeonllo: sentado/a nunha cadeira, move o xeonllo lentamente dun lado a outro mentres mantés o pé apoiado no chan. Continúa con este movemento durante 2 ou 3 minutos.
- Exercicios de estiramento: para recuperar a flexibilidade e a mobilidade durante unha doenza.
- Coloca unha toalla ou banda elástica na parte superior da planta do pé e suxéitaa polo dous extremos. Tira dela cara a ti suavemente mentres mantés o xeonllo estirado. Sostén esta posición durante 15 ou 30 segundos.
- Do papo da perna: ergueito/a e coas mans apoiadas nunha parede á altura dos ollos, sitúa a perna que queres estirar un paso por detrás. Mantendo ese talón no chan, flexiona o xeonllo da perna que está adiante ata que sintas o estiramento na outra. Aguanta entre 15 e 30 segundos.
Estes son algúns dos exercicios que se poden levar a cabo durante unha recuperación de nocello. Con todo, lembra que só son recomendacións básicas e que é necesario acudir a un especialista que estude o teu caso e escolla o mellor tratamento para a túa lesión.
En García e Lestón contamos con profesionais da fisioterapia e o adestramento que seleccionarán as mellores técnicas para tratar a túa afección e evitar secuelas posteriores, tanto con terapias manuais como con táboas de exercicios de rehabilitación. Non o dubides máis e dá o seguinte paso para mellorar a túa calidade de vida!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!