Adestramento nos máis mozos/as. Que os e-sports non lle gañen ao deporte tradicional
Adestramento nos máis mozos/as. Que os e-sports non lle gañen ao deporte tradicional
O exercicio sempre foi unha das bases para un correcto crecemento e desenvolvemento das persoas dende que somos pequenos/as. Con todo, ante a aparición nos últimos anos de novos estímulos dixitais e tecnoloxías que ocupan o tempo libre dos máis mozos e mozas, a actividade física tornou nunha materia pendente para moita xente neste rango de idade.
No blog de hoxe explicámosche por que o adestramento físico é indispensable nos nenos e nenas, expoñendo os numerosos beneficios, tanto físicos como mentais, que isto lles achega.
O exercicio nos máis pequenos e pequenas da casa non só é útil para evitar problemas de saúde como poden ser a obesidade ou sobre peso, a diabetes ou os cardiovasculares e pulmonares, tamén axuda a reforzar o sistema inmunolóxico, o que fará ao neno ou nena máis forte contra os arrefriados ou as alerxias.
Incluír unhas sesións de adestramento nas súas rutinas tamén lles proporcionará as condicións necesarias para un crecemento san, o que facilitará o fortalecemento de ósos e músculos, o mantemento dunha correcta postura e mellorará a súa calidade do sono.
Ademais, combinar a práctica de diferentes deportes como o ciclismo, a natación, o fútbol ou o tenis, entre outros, contribuirá a que o pequeno ou pequena aprenda a coordinar os movementos e dominar o seu corpo, o que fará que desenvolva certas habilidades de xeito máis doado.
Con todo, o exercicio nesta idade non só achega aspectos positivos ao benestar físico, a saúde mental e as relacións sociais tamén son grandes beneficiadas neste proceso, axudando aos mozos e mozas a:
- Gozar de estados de felicidade grazas á liberación de endorfinas.
- Evitar a aparición de doenzas como a depresión ou ansiedade.
- Mellorar a súa autoestima e valorar o esforzo.
- Relacionarse con outras persoas, fomentar a empatía e aprender a traballar en equipo.
Como podes comprobar, o exercicio en idades temperás é unha fonte inesgotable de beneficios que apoian e sustentan o crecemento das persoas dende os seus primeiros anos de vida, por iso mesmo debemos ter especial coidado de facer un seguimento correcto das nosas actividades. Realizar de xeito inadecuado certos exercicios pode traer consigo efectos negativos que afecten ao correcto desenvolvemento do neno ou nena, por iso sempre é recomendable contar coa axuda dun/unha profesional que nos axude a evitar posibles lesións ou dores de costa.
En García e Lestón somos conscientes de que o mantemento dunha vida saudable comeza dende ben cedo, por iso contamos cun grande equipo profesional, disposto a axudarche en todo o que precises para coidar do teu benestar de xeito integral.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!