A síndrome FOMO: cando o medo a perder algo fai que o perdas todo
Algunha vez sufriches un episodio de estrés ou ansiedade por non poder asistir a unha festa ou evento importante? Dende García e Lestón contámosche como se denomina este trastorno e como podes superalo.
Coa chegada da era dixital, as relacións sociais aumentaron ata tal punto que é habitual mostrar parte da túa vida e ver a dos/das demais a través dunha pantalla, creando unha sociedade conectada as 24 horas do día. Malia que as redes sociais cubriron moitas necesidades á hora de poder comunicarnos, tamén espertaron ou potenciaron outras, sobre todo no ámbito da saúde mental.
Un exemplo disto é o aumento do número de persoas que padecen a síndrome FOMO (do inglés “fear of missing out”), un trastorno psicolóxico que se caracteriza por experimentar unha sensación de ansiedade e preocupación por perder experiencias, eventos ou momentos importantes ou gratificantes da vida doutros/as. Do mesmo xeito que ocorre con outras fobias, o temor a non ser partícipe de algo xera malestar e ansiedade e, neste caso, o/a paciente padece unha sensación de illamento social e de perda de oportunidades valiosas.
Para evitar esta patoloxía, é necesario xestionar os sentimentos e pensamentos negativos que abarcan a nosa mente, ao igual que o medo a non pertencer ou ser querido/a. Dende a nosa unidade de psicoloxía, propoñémosche algunhas ferramentas para poder mitigar os síntomas desta doenza:
- Identificar a síndrome: aceptar que é natural que apareza esta emoción e comprender que non sempre podemos estar presentes en todo momento.
- Limitar o uso de redes sociais: establecer límites de tempo e ser selectivos/as nos contidos que seguimos pode axudar a diminuír a comparación cos/cas demais.
- Enfocarte nas túas propias experiencias: centrarnos no que temos e nas nosas propias vivencias permítenos cambiar a nosa perspectiva. Debemos pensar que se non podemos acudir a un evento, seguramente podemos utilizar ese tempo en facer algo máis beneficioso para a nosa saúde.
- Acudir a un/unha profesional: existen diferentes tratamentos que poden axudar a reducir os síntomas do FOMO, recuperando a calidade de vida e o benestar dos/das pacientes.
Cres que ti ou alguén da túa contorna pode estar a sufrir este trastorno? En García e Lestón contamos con profesionais da psicoloxía que estudarán o teu caso en profundidade e che amosarán técnicas efectivas para xestionar o medo ao rexeitamento social para que volvas a gozar do teu tempo sen pensar no dos/das demais. Contacta connosco sen compromiso!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!