A volta ao cole non ten porque ser un pesadelo. Sigue estes consellos
O verán chega á súa fin e dámoslle a benvida a setembro, un mes de novos comezos e de retomar hábitos que deixamos atrás coa chegada das vacacións. Con todo, este período de adaptación á rutina afecta tanto ás persoas adultas como aos/ás máis pequenos/as da casa, que regresan ao colexio despois de máis de dous meses de tranquilidade, flexibilidade horaria e moita diversión!
Entón, os/as nenos/as tamén poden sufrir a famosa síndrome posvacacional? O certo é que si, posto que poden padecer algunhas das consecuencias deste proceso como cansazo, falta de atención, tristeza, irritabilidade, ansiedade, depresión ou trastornos do sono.
Moitos dos seus comportamentos veñen aprendidos do que ven na casa, por iso é moi importante que os pais e nais non amosen unha actitude negativa á hora de regresar ás súas obrigas laborais. Por norma xeral, os nenos e nenas adoitan visualizar a volta ao cole coma unha oportunidade para reencontrarse cos/cas seus/súas amigos/as, ademais do reinicio de rutinas que favorecen ao seu equilibrio físico e emocional.
Para facilitar o regreso á escola, dende a nosa unidade de psicoloxía dámosvos algunhas recomendacións para aplicar no día a día:
- Retomar horarios: non hai que agardar ao comezo das clases para establecer unha rutina. Resultará moi eficiente ir adaptando o seu horario progresivamente. Para iso, pódense poñer horas límites para levantarse e deitarse.
- Preparar o material escolar xuntos/as: pode servirlles de motivación escoller o material que van usar durante o resto do curso. Tamén é importante que poidan botar unha ollada aos libros para espertar o interese sobre o que van aprender na escola.
- Reencontrarse cos/as amigos/as do colexio: seguramente, se estiveron fóra da súa residencia habitual durante as vacacións, non puidesen relacionarse cos/as seus/súas amigos/as. Retomar ese contacto vai ser de grande axuda para volver ao día a día.
- Reflectir unha actitude positiva: como comentamos anteriormente, é moi importante o comportamento que mostren os pais e nais ante estas situacións, posto que vai ser o que reproduzan eles/elas mesmos/as.
- Escoitar as súas inquedanzas: é esencial prestarlle atención aos medos que poidan espertar o inicio do curso nos/as máis pequenos/as. Para iso, temos que sentarnos a escoitalos/as e transmitirlles todo o positivo que acompaña a volta ao cole: xogar con amigos/as, novos/as compañeiros/as, excursións, etc.
En García e Lestón contamos cun equipo de profesionais da psicoloxía que axudarán tanto ás persoas adultas como ás máis pequenas a afrontar a costa de setembro para volver con máis enerxía e ganas que nunca á rutina. Contacta connosco sen compromiso!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!