Este Nadal, nin te pases nin te cortes
Este Nadal, nin te pases nin te cortes
Na véspera de Noiteboa seguramente xa teñas planificada a cea dese día e a comida de Nadal. Son días de preparacións máis coidadas, mariscos, peixe, carnes e, por suposto, os doces típicos nas longas sobremesas. Desta vez non imos marcarche o menú, pois estas festas están para gozar da familia, aínda que neste atípico Nadal sexamos menos á mesa, e da gastronomía.
Dende o Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas queremos que nin te pases, nin te cortes. Simplemente desexamos que estes días, e sempre, teñas unha relación sa coa comida, permitíndote gozar dun menú especial sen remordementos. Se non hai contraindicación médica, podes comer de todo con moderación, que o importante é buscar o equilibrio entre saúde física e mental!
Toma nota destes consellos para gozar dun Nadal máis saudable:
- Planifica o calendario e as comidas da festa. Marca os días que vas ter comidas copiosas e asume que eses días podes excederte mentres que o resto xa sabes que non. Tamén che recomendamos que organices ben as comidas deses días para que merques os produtos xustos e non queden sobras que te sintas obrigado a comer os días que non son de festa.
- Come amodo. Sé consciente mentres inxires alimentos e saborea cada bocado. Goza do sabor, da textura, dos aromas… Ademais, mastigando amodiño recoñecerás facilmente a sensación de saciedade. En cambio, se devoras rápido acabarás consumindo máis cantidade da recomendada.
- Modera o consumo de alcol. Non che vai facer mal un brinde con champaña nin unha copa de viño, mais controla a cantidade. É conveniente que só acudas a el nas ocasións especiais.
- Bebe moita auga. É importante consumir ao menos un litro e medio de auga ao día para manter o corpo hidratado. Ademais, será a nosa aliada para eliminar toxinas estes días!
- Controla o consumo de azucre. Sabemos que é difícil evitalo nestas festas pero convidámoste a consumir os doces de Nadal só nos días sinalados: Noiteboa, Nadal, fin de ano e Reis. Que che parece? Un pouco turrón e uns bombóns abondarían. Non fagas máis sobremesas (ou corres o risco de que che sobren para máis días).
- Realiza exercicio moderado. Todos os días, incluídos os sinalados como festa no calendario, mantén unha rutina de exercicio. Se non es unha persoa moi activa, cando menos sae a pasear durante unha hora.
Queres empezar o 2021 aprendendo a comer saudable? Precisas cambiar de hábitos? En Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo (A Coruña) contamos cun equipo de nutrición para asesorarte. Pide cita e comeza a sentirte mellor. Non hai mellor plan para despedir este 2020!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!