Este Nadal, nin te pases nin te cortes

Este Nadal, nin te pases nin te cortes

Na véspera de Noiteboa seguramente xa teñas planificada a cea dese día e a comida de Nadal. Son días de preparacións máis coidadas, mariscos, peixe, carnes e, por suposto, os doces típicos nas longas sobremesas. Desta vez non imos marcarche o menú, pois estas festas están para gozar da familia, aínda que neste atípico Nadal sexamos menos á mesa, e da gastronomía. 

Dende o Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas queremos que nin te pases, nin te cortes. Simplemente desexamos que estes días, e sempre, teñas unha relación sa coa comida, permitíndote gozar dun menú especial sen remordementos. Se non hai contraindicación médica, podes comer de todo con moderación, que o importante é buscar o equilibrio entre saúde física e mental!

Toma nota destes consellos para gozar dun Nadal máis saudable:

  1. Planifica o calendario e as comidas da festa. Marca os días que vas ter comidas copiosas e asume que eses días podes excederte mentres que o resto xa sabes que non. Tamén che recomendamos que organices ben as comidas deses días para que merques os produtos xustos e non queden sobras que te sintas obrigado a comer os días que non son de festa.
  2. Come amodo. Sé consciente mentres inxires alimentos e saborea cada bocado. Goza do sabor, da textura, dos aromas… Ademais, mastigando amodiño recoñecerás facilmente a sensación de saciedade. En cambio, se devoras rápido acabarás consumindo máis cantidade da recomendada.
  3. Modera o consumo de alcol. Non che vai facer mal un brinde con champaña nin unha copa de viño, mais controla a cantidade. É conveniente que só acudas a el nas ocasións especiais.
  4. Bebe moita auga. É importante consumir ao menos un litro e medio de auga ao día para manter o corpo hidratado. Ademais, será a nosa aliada para eliminar toxinas estes días!
  5. Controla o consumo de azucre. Sabemos que é difícil evitalo nestas festas pero convidámoste a consumir os doces de Nadal só nos días sinalados: Noiteboa, Nadal, fin de ano e Reis. Que che parece? Un pouco turrón e uns bombóns abondarían. Non fagas máis sobremesas (ou corres o risco de que che sobren para máis días).
  6. Realiza exercicio moderado. Todos os días, incluídos os sinalados como festa no calendario, mantén unha rutina de exercicio. Se non es unha persoa moi activa, cando menos sae a pasear durante unha hora.

Queres empezar o 2021 aprendendo a comer saudable? Precisas cambiar de hábitos? En Centro de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo (A Coruña) contamos cun equipo de nutrición para asesorarte. Pide cita e comeza a sentirte mellor. Non hai mellor plan para despedir este 2020! 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *