Fisioterapia e seguros, a túa decisión

Se hai algo que non pode agardar, nin no tempo nin no espazo, é a saúde, e aínda máis cando sucede un accidente. Ás veces estes poden marcar un antes e un despois na vida da persoa afectada, polo que o proceso posterior de rehabilitación ten un papel fundamental.

Neste sentido, tanto as vítimas como os e as familiares poden ter moitas dúbidas no momento de recibir a atención médica, e unha das máis frecuentes é: quen escolle o centro de fisioterapia ao que acudir?

Ata hai ben pouco eran as aseguradoras quen decidían a clínica de rehabilitación segundo o convenio, e non os/as pacientes. Porén, a día de hoxe a persoa afectada pode elixir libremente o centro onde queira levar a cabo a súa recuperación logo do accidente.

Deste xeito, o seguro é o encargado de cubrir os gastos desta etapa e de contactar coas instalacións onde terá lugar, pero a última palabra ao respecto sempre será a túa. Aínda así, cómpre que o fagas dunha forma coidadosa, pois a correcta elección xunto co coñecemento dos teus dereitos neste eido é fundamental.

Nesta decisión que marcará a túa evolución e, para evitar a posibilidade dunha mala curación, debes ter en conta estes dous aspectos:

  • O seguro vaiche recomendar centros cos que, posiblemente, xa teña un acordo, o que non quere dicir que non haxa outras opcións dispoñibles e máis adecuadas para a túa lesión.
  • Tanto as clínicas de rehabilitación de fisioterapia como as aseguradoras están reguladas polo Convenio de Asistencia Sanitaria, o cal podes consultar no caso de ter dúbidas.

Ademais destas dúas cuestións relevantes e que tes que contemplar, ao longo de todo este proceso é vital e moi importante que exista unha boa comunicación entre o seguro, o centro asistencial e a persoa afectada. En García e Lestón temos claro o fundamental que é que os e as pacientes estean correctamente informados/as en todo momento e que as súas dúbidas sexan perfectamente resoltas.

No noso Centro Integral de Saúde e Benestar contamos cunha área específica de fisioterapia e con profesionais especializados. Igualmente, ao traballar cun equipo multidisciplinar podemos abordar a túa doenza dende diferentes puntos de vista e dunha forma coordinada para obter os mellores resultados. A decisión está nas túas mans, recupérate connosco e coidaremos da túa saúde e benestar coas nosas.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *