Solo pélvico: disfuncións, realidades e solucións

Solo pélvico: disfuncións, realidades e solucións

Que é o solo pélvico? Debes fortalecelo? Que beneficios aporta a fisioterapia neste sentido e que disfuncións podes paliar co tratamento axeitado? Quizais nunca lle prestaches moita atención a esta zona do teu corpo, pero neste blog ímosche desvelar todas as chaves que precisas coñecer dela:

O solo pélvico é o conxunto de músculos situados na parte inferior do abdome e na pelve. Son os encargados de manter a tensión necesaria para soster os órganos pélvicos: vexiga e uretra, útero e vaxina e recto. Con todo, son varias as causas que poden provocar unha debilitación desta zona:

  • Parto natural.
  • Obesidade.
  • Intervencións cirúrxicas.
  • Idade (a partir dos 30 anos).
  • Doenzas crónicas.
  • Cancro de próstata.

É moi imporante manter fortalecido o solo pélvico xa que, no caso de que se debilite, causará en nós numerosos efectos negativos:

  • Incontinencia urinaria, fecal ou de gases.
  • Disfuncións sexuais.
  • Dor nas costas ou na pelve.
  • Descenso de órganos (prolapso).

Manter un peso axeitado, seguir unha dieta rica en fibra que axude ao noso tránsito intestinal, ou conservar unha boa postura cando sentamos son algunhas das recomendacións que debemos adoptar se queremos evitar o desgaste do noso solo pélvico.

Con todo, moitas veces é inevitable que se produza unha debilitación destes músculos, polo que se algunha das disfuncións que indicamos se manifesta, é de especial importancia acudir a unha persoa profesional para valorar o estado do noso solo pélvico. Grazas a unha serie de preguntas sobre os nosos hábitos e a unha exploración física pódense definir unhas pautas personalizadas que nos axuden a fortalecelo. Pero como entra en xogo a fisioterapia?

Esta disciplina é unha aliada imprescindible que nos axudará a reforzar os músculos da zona mediante varias técnicas como: o adestramento baseado en exercicios de contraccións da musculatura ou nas rutinas de ouriños, masaxes e estiramentos ou electroestimulación. Ademais, manter nunha boa condición do solo pélvico ofrece moitos beneficios para aquelas mulleres que queiran quedarse embarazadas ou que xa estean pasando polo proceso, pero é de grande importancia que os homes tampouco desatendan esta zona.

En García e Lestón sabemos o esenciais que son os coidados do solo pélvico para a túa saúde e benestar. Nas nosas instalacións contamos cun equipo profesional que che ofrecerá as mellores pautas para combater o desgaste destes músculos de xeito totalmente personalizado.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *