Parálise do sono. Pesadelo ou realidade?

Algunha vez espertaches tras un longo sono e non te puideches mover? Mesmo sentías algunha presenza “paranormal”? Non te preocupes, non é un espírito, probablemente padeceras un episodio de parálise do sono e é algo máis común do que podes chegar a crer.

Este evento non desexado, prodúcenos principalmente a imposibilidade de movernos ou falar cando tratamos de quedarnos durmidos/as ou antes de espertar. Podemos atravesalo cos ollos pechados ou abertos e dura dende algúns segundos ata minutos.

Existen distintos tipos de parálise do sono, nalgúns casos podemos sentir presión no peito; noutros podemos escoitar ou imaxinar cousas que realmente non están sucedendo como pasos ou a presenza dunha persoa ao carón. Inclusive podemos ter a sensación de que caemos ou xiramos. Non tes por que alarmarte, case todo o mundo viviu a parálise do sono algunha vez na súa vida, e esta non pon en risco a nosa saúde, pero si que pode xerarnos certos nervios ou ansiedade.

Queres saber por que se produce esta situación? Polo xeral, está relacionada con non durmir as horas necesarias, así como coa alteración das horas do sono ou mesmo con durmir cara arriba. Problemas como o estrés, a ansiedade, a depresión e as dores de cabeza pódennos levar a sufrir este evento.

Non existe un tratamento específico, pero ter un horario para durmir estable e uns bos hábitos do sono axudan a evitar a parálise do sono. Aquí uns consellos:

  • Mantén unha constancia á hora de ir durmir e espertar todos os días da semana.

  • Crea un entorno cómodo no que poder descansar.

  • Procura ter exposición á luz durante o día e reducila pola noite.

  • Evita as sestas longas e a unha hora tardía.

  • Non fagas ceas pesadas e non consumas cafeína.

  • Non durmas con luces e aparatos electrónicos como o ordenador ou a televisión acesos.

  • Fai exercicio durante o día.

Agora xa sabes que non tes nada do que ter medo cando padezas un episodio de parálise do sono. Con todo, se precisas de axuda para controlar o teu estrés ou ansiedade e para regular o teu descanso, o equipo de psicoloxía de García e Lestón conta coas mellores persoas profesionais para axudarche en todo o que precises e conseguir uns hábitos saudables cos que evitar este tipo de problemas.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *