O frío, artrose e artrite
Coa chegada do frío e os cambios de temperatura, aparecen tamén as dores nas articulacións. É por iso que enfermidades como a artrite ou a artrose empezan a estar á orde do día. Sabes en que se diferencian? Realmente aféctalles o frío? Como se poden tratar? Hoxe dámosche algunhas respostas.
Non é raro que as confundas de cando en vez, xa que a artrite e a artrose teñen similitudes e diferenzas. Ambas as dúas son enfermidades dolorosas que lles afectan ás articulacións e non teñen un tratamento preestablecido. Pero o certo é que son moi diferentes, sobre todo na súa orixe.
A artrite é unha inflamación que se produce na membrana sinovial, xa sexa por unha infección, sobrepeso ou un fallo do sistema inmunolóxico. Pola súa banda, a artrose é un proceso dexenerativo no que a cartilaxe que conecta os ósos se vai desgastando.
En canto ao frío, tamén se producen discrepancias. De verdade lles repercute a estas doenzas? Depende do caso. En persoas con artrite, non é un factor que agrave a enfermidade pero si afecta no relativo a síntomas e dor, a máis frío máis ríxido estará o óso. Pola contra, os doente con artrose non o senten tanto, pero fíate deles se che din “vai haber un cambio de temperatura” ou “mañá vai chover” porque son os primeiros en notalo.
Con todo, como dixemos, tamén existen puntos en común como a dor ou o feito de que ningunha teña unha cura como tal. Os tratamentos que se aplican pretenden frear a enfermidade, minimizar a dor e mellorar a calidade de vida. Poden ser moi variados, dende realizar exercicio moderado ou dieta equilibrada, ata fármacos ou unha cirurxía.
Non xogues, coas baixadas de temperatura cómpre que te coides aínda un pouco máis. Anticípate ás posibles dores articulares cunha boa alimentación e tenta moverte. En García e Lestón temos as ferramentas para examinar e combater calquera dificultade que teñas para non poñer en xogo a túa calidade de vida. Contáctanos!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!