O diagnóstico como etiqueta: perigos e limitacións

A Real Academia Española define os prexuízos como: “opinión previa e tenaz, normalmente desfavorable, sobre algo pouco coñecido“. Así e todo, temos que recoñecer que todos fomentamos nalgún momento o dito de “cría a fama e bótate a durmir” engadíndolle, de xeito erróneo, etiquetas a todo o que nos rodea: “Marcos, o frío”, “aplicación lenta”, “a prexudicial rede social ”… Afortunadamente, todo ten a capacidade de evolucionar e deixar atrás estigmas que impiden o progreso ou o crecemento, algo do que en García e Lestón Fisioterapeutas somos plenamente conscientes.

En relación coa saúde mental, a cultura na que vivimos ten grandes prexuízos asociados a ela, ata o punto de convertela nun tema tabú. Por que non acudir a un psicólogo se o vexo necesario? Son violentas as persoas que van ao psicólogo? Ou é só porque están tristes? Este tipo de preguntas, máis comúns do que nos gustaría, conducen a esta estigmatización e hai que combatelas con información. Verías con vergoña ou culpa ir ao oculista se creo que non vexo como debería? Rotundamente non.

Por todo isto, queremos falar un pouco sobre a imposición de etiquetas sobre factores relacionados coa saúde mental, máis concretamente, co seu diagnóstico.

Todo profesional da saúde realiza entrevistas, probas ou avaliacións para chegar a un diagnóstico que categorice o estado das persoas. É bo poñer esta etiqueta? No caso da saúde mental, hai moitos máis perigos e limitacións que os beneficios ou aspectos positivos que trae.

Dende o punto de vista da persoa, algúns termos técnicos poden impresionarnos e desinformarnos, polo que a mellor estratexia sería mostrar empatía e propor solucións.

Nese senso, non podemos esquecer que a imposición de etiquetas pode levar a un efecto Pigmalión, especialmente nos máis novos. Cando alguén nos “marca”, establece o que espera de nós e, dado que moitas das nosas accións dependen das expectativas dos que nos rodean, as nosas capacidades serán limitadas.

Dende o punto de vista profesional, debemos centrarnos en cal será a mellor forma de traballar. Se non se establecen etiquetas, a terapia será máis flexible e adaptarase ás necesidades dos pacientes en cada momento.

Non obstante, lembra sempre esa máxima de “unha mente sa nun corpo san”: na nosa área de Psicoloxía do Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón queremos axudarche a cumprilo escoitándote, entendéndote, axudándoche a avanzar e deixar atrás as etiquetas.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *