Unha realidade chea de cadeas. Coñece os perigos dos trastornos da conduta alimentaria
Segundo a Sociedade Española de Urxencias en Pediatría (SEUP), dende 2019 a 2021 os casos de trastornos da conduta alimentaria (TCA) aumentaron ao redor do 40%. Esta doenza é sumamente grave e é máis que alarmante que nos últimos anos o número de casos aumentara tan drasticamente.
Os TCA son trastornos psicolóxicos relacionados coa autopercepción e a distorsión da imaxe, que provocan alteracións da conduta alimentaria. As persoas que o padecen mostran unha preocupación excesiva e obsesiva pola súa imaxe corporal.
Cada trastorno da conduta alimentaria é diferente, ao igual que a experiencia de cada persoa que o sofre. As consecuencias desta enfermidade impactan nas distintas esferas vitais, reducindo o contacto social, xerando problemas a nivel persoal e interferindo de forma significativa na saúde física e mental, podendo chegar, nos casos máis extremos, a provocar a morte (por suicidio ou desnutrición). Esta afección pode aparecer a calquera idade, sendo máis frecuente na adolescencia. A maior incidencia prodúcese entre os 12 e os 18 anos, pero cada vez hai máis casos en idades temperás, ao redor dos 8 ou 9 anos. En canto ao xénero, os homes e as mulleres poden padecelo por igual, pero a incidencia é maior nelas.
A causa desta enfermidade pódese deber a múltiples factores como a presión social, as redes, a necesidade de ser aceptado/a, a preocupación por un ideal estético imperante na sociedade asociado ao éxito social, familiar e laboral, etc. Do mesmo xeito, ter un alto grao de perfeccionismo e esixencia, baixa autoestima e pouca tolerancia á frustración son factores de risco.
Dentro dos TCA, existen diferentes tipos, os máis comúns son:
● Anorexia nerviosa: caracterízase pola restrición do consumo de alimentos, o que provoca unha diminución severa do peso. Ademais, a persoa pode recorrer ou non a atacadas ou a purgas e a miúdo realizan exercicio físico intenso coa intención de seguir perdendo peso.
● Bulimia nerviosa: caracterizada por realizar atacadas frecuentes sen control, con condutas compensatorias pouco axeitadas como inducir o vómito, utilizar laxantes, exercicio excesivo, xaxuar, etc.). Este trastorno é menos perceptible que a anorexia, xa que non necesariamente se baixa de peso.
● Trastornos de atacadas: do mesmo xeito que o anterior, a súa característica principal son as atacadas sen control e producen un malestar intenso na persoa, aínda que sen condutas compensatorias. Esta situación pode provocar un aumento de peso e mesmo chegar ao sobrepeso ou obesidade.
O tratamento para esta doenza recae na atención médica dun profesional da saúde mental, co obxectivo de recuperar uns hábitos alimentarios saudables, á vez que se resolven todos aqueles problemas psicolóxicos que deron lugar á aparición deste trastorno.
En García e Lestón contamos cun equipo especializado en psicoloxía que estudará en profundidade o teu caso e buscará a mellor solución para a túa saúde física e mental. Contacta connosco sen compromiso!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!