Sinovite de cadeira: que o movemento non pare!
O teu fillo/a quéixase constantemente dunha dor na cadeira? Moito ollo! Esta doenza pode estar relacionada coa sinovite de cadeira. Dende García e Lestón contámosche todo sobre esta enfermidade.
A sinovite de cadeira é unha inflamación do tecido que forma a capa máis superficial da cadeira, a membrana sinovial. Isto produce un exceso de líquido articular que distende a articulación e provoca unha diminución da mobilidade. Esta afección é a causa principal da dor de cadeira e a culpable, na maioría dos casos, de que nenos/as de entre 3 e 10 anos presenten coxeiras.
Pero non debes alarmarte se o teu pequeno/a padece esta patoloxía, xa que é un proceso benigno, leve e autolimitado, que co tratamento adecuado curará nun máximo de dúas semanas (entre 7 e 10 días).
As causas da sinovite de cadeira a día de hoxe descoñécense, pero existen certos factores que poden aumentar a probabilidade de aparición como sufrir unha infección vírica nas vías respiratorias superiores ou ter unha caída ou golpe. Adoita ser frecuente que semanas anteriores a padecer esta enfermidade, o/a paciente tivese unha infección de gorxa, gastrointestinal ou un traumatismo indirecto na zona.
Os nenos/as que padecen esta enfermidade adóitanse queixar de non poder correr nin andar por sentir dor na zona da ingua, na parte dianteira da coxa ou mesmo no xeonllo. Con todo, a sinovite de cadeira non adoita presentar moitas complicacións graves, as máis comúns son:
- Dor nun lado da cadeira.
- Coxeira.
- Dor de xeonllo e/ou coxa.
- Febre baixa, menos de 38.º
Como comentamos anteriormente, esta patoloxía debería desaparecer co paso dos días. Nestes casos, o tratamento está dirixido a aliviar a dor e diminuír a inflamación da cadeira, polo que recomendamos o seguinte:
- Repouso: malia que poida ser difícil que un neno/a non se mova, hai que tratar de evitar que camiñe o menos posible.
• Terapia física: dentro da fisioterapia, existen múltiples técnicas e métodos cos que se pode controlar os síntomas que aparecen pola sinovite de cadeira, os máis comúns son:
- Crioterapia: coa finalidade de xerar unha diminución da temperatura nos tecidos e reducir a inflamación, aplícase frío sobre a articulación.
- Aplicar calor: cando a inflamación da zona diminuíu considerablemente, recoméndase aplicar calor na zona da cadeira para aumentar o fluxo sanguíneo e reducir a dor, ademais de favorecer unha pronta recuperación.
- Estiramentos: é aconsenllable que un/unha profesional cree unha táboa de exercicios para evitar o entumecemento muscular despois dun período prolongado de repouso.
En García e Lestón contamos con profesionais da fisioterapia que estudarán o caso dos teus pequenos/as e seleccionarán o tratamento que máis se adecúe ás súas necesidades, para que poidan recuperar a súa calidade de vida o antes posible. Que o movemento non pare!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!