Que a tensión non te desgaste: combate o bruxismo coa fisioterapia
A saúde bucal vai máis aló dos nosos dentes e enxivas. Estamos a falar do bruxismo, unha mala acción moi habitual que consiste en apertar os dentes, normalmente durante a noite.
Ademais de estar asociada a un mal hábito de postura mandibular, esta afección pode ter outras orixes como unha aliñación incorrecta da dentadura, estrés e ansiedade, escaseza de sono e as malas posturas corporais.
En moitas ocasións, as persoas que padecen bruxismo non son conscientes da situación que están a vivir debido a que o apertamento dos dentes se realiza case sempre durante o descanso nocturno. Polo tanto, como podemos saber se padecemos nós esta doenza? Existen unha serie de síntomas comúns que nos poden axudar a identificala:
-
Dor de mandíbula ou cabeza.
-
Tensión xeneralizada.
-
Sensibilidade dental ao frío e á calor.
-
Problemas cervicais.
-
Asubíos e molestias nos oídos.
-
Mareos.
Dentro das distintas opcións de tratamento, que van dende a propia educación postural ata procurar unha mellora dos hábitos de sono, a fisioterapia ten un papel moi protagonista á hora de eliminar as doenzas asociadas ao bruxismo.
As consecuencias desta afección non están unicamente ligadas ao desgaste dental, a nosa mandíbula tamén se ve afectada e pode provocar nela molestias incluso á hora de mastigar. Coa fisioterapia, ademais de aliviar esas doenzas musculares producidas polo trastorno, búscase mellorar a elasticidade dos tecidos, relaxar os ligamentos e aumentar a mobilidade da mandíbula.
Por outra banda, a persoa afectada polo bruxismo pode aprender a realizar exercicios que melloren a súa condición muscular nesta zona. Deste xeito, poderá recoñecer nun futuro as súas molestias e alivialas.
Non obstante, sempre que sexa preciso e descoñezamos a orixe dunha doenza muscular, debemos acudir a unha persoa profesional que identifique e determine que é o que nos está a pasar. En García e Lestón contamos co mellor equipo de persoas profesionais dentro do campo da fisioterapia, que poden tenderche a man para acabar con esas molestias na túa zona mandibular.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!