(Español) O impacto da pandemia da covid-19 en nós. Recoñece os cambios a tempo.

Sentímolo moito, ista entrada atopase unicamente en %LANG;,: e %. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

A pandemia da covid-19, o confinamento, a ameaza da enfermidade, a saúde propia e a dos seres queridos; son moitas as preocupacións que temos na cabeza nesta época que, para moitos, pode resultar de medo e incerteza. Ante esta situación o noso benestar psicolóxico vese afectado e pode provocar en nós cambios, alteracións ou problemas que debemos identificar rapidamente para que non teñan consecuencias que revistan de maior gravidade.

Algúns dos síntomas que podemos percibir e que son indicadores de que debemos coidar a nosa saúde mental canto antes poden ser:

 

  • Cambios de humor.
  • Tendencia ao illamento.
  • Falta de concentración.
  • Dores musculares.
  • Sensación de cansazo.

 

O importante destes factores é recoñecelos canto antes e baixo ningún concepto  normalizar este tipo de cambios que se producen en nós, posto que poden ser desencadeantes de patoloxías máis complexas que serán máis difíciles de tratar e solucionar. Unha das máis preocupantes e das máis estendidas é a agorafobia.

O paso dos meses e os continuos aumentos de casos que fan que volvamos de novo ao confinamento provoca en moitas persoas un sentimento de frustración que se acaba convertendo en desesperanza, polo que moita xente remata por deixar de realizar certas actividades, de socializar ou de saír a rúa. Isto, en combinación co medo ao contaxio, pode propiciar a aparición dun trastorno de ansiedade en espazos públicos ou con moita xente, o que se coñece como agorafobia. Esta patoloxía, pola súa natureza, pode rematar por levar ao individuo ao illamento, un comportamento que, emocionalmente falando, non é en absoluto beneficioso para as persoas nin para o seu desenrolo cognitivo.

Outra patoloxía que pode facer acto de presenza é o síndrome da cabana, é dicir: o medo a saír ao exterior e a crenza de que o único lugar no que se pode sentir segura unha persoa é na casa.

Por estas razóns, se experimentas algún cambio na túa conduta ou no teu benestar que che pode estar afectando á saúde física e mental, non dubides en buscar apoio e axuda de profesionais. Dende García e Lestón podemos axudarche a identificar e superar aquilo que che impide seguir co teu día a día de forma sa e segura.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *