O benestar físico e psicolóxico na loita contra o cancro
O cancro é unha enfermidade que pode provocar en nós moitos cambios e alteracións tanto físicos como psicolóxicos, por iso é importante tratar de coidar o noso corpo e a nosa mente no proceso. Neste blog ímosche ensinar como a boa alimentación, a práctica de exercicio, a fisioterapia e o coidado psicolóxico poden achegar beneficios durante esta doenza.
Comezando pola alimentación, é importante aclarar que unha persoa con cancro non vai ter as mesmas necesidades nutricionais que unha persoa que non o padeza. O paciente de cancro necesitará consumir unha serie de alimentos que lle axuden a fortalecerse para poder afrontar os efectos tanto da enfermidade como do tratamento, polo que é importante que recorra a profesionais para saber como alimentarse debidamente. Unha boa nutrición pode axudar a:
- Conservar o peso corporal.
- Manter un bo nivel de enerxía.
- Soportar mellor as secuelas do tratamento.
- Previr infeccións.
Por outra banda, o exercicio físico tamén aporta vantaxes á hora de afrontar as consecuencias provocadas pola enfermidade ou o tratamento:
- Axuda a diminuír a dor.
- Reduce a fatiga, o cansazo, as náuseas e vómitos.
- Diminúe o risco de trombose.
- Mellora a ansiedade, a autoestima e o estrés.
Do mesmo xeito a fisioterapia provoca moitos beneficios no paciente de cancro posto que, cos exercicios adecuados, pode axudar a fortalecer a capacidade respiratoria, combater as alteracións no sistema nervioso ou recuperar a mobilidade en zonas operadas do corpo.
Por último, para poder afrontar esta enfermidade é moi importante coidar a saúde mental e preparase psicoloxicamente para afrontar as adversidades. Para isto é moi importante buscar refuxio nos seres queridos e en profesionais da psicoloxía, continuar traballando na medida do posible, e dedicar tempo a actividades de ocio.
Dende García e Lestón estamos con todos os pacientes que atravesan esta complicada enfermidade e ofrecemos os nosos servicios do Centro Integral de Saúde e Benestar para axudar a calquera persoa que se atope nesta situación a levar esta doenza o mellor posible.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!