Neuromodulación, a túa solución
A bo seguro xa sabes que estamos compostos de neuronas que se conectan entre si para intercambiar mensaxes en forma de impulsos nerviosos. Mais, cando isto falla, que podemos facer?
A neuromodulación é unha técnica nova que, ademais de gardar moita relación co sistema nervioso, tamén pode tratar calquera patoloxía musculoesquelética, lesións crónicas ou mesmo a síndrome do túnel carpiano. Como se realiza? Grazas a unhas agullas.
Non tremas: vai sendo hora de que deixemos de asociar esta ferramenta á costura e que comecemos a normalizar o seu uso no mundo da fisioterapia. Aínda que son moitas as persoas que se asustan, é importante que saibas que se trata dun proceso indoloro e que non ten ningún risco para a túa saúde.
A técnica consiste en inserir unhas agullas (que poden ser tanto de acupuntura como unhas específicas) nos tecidos con danos e, a partir de aí, aplicar unha corrente eléctrica de frecuencia baixa. Trátase dun tratamento tan rápido coma seguro.
E o mellor é que os resultados non se farán agardar, xa que pouco despois da sesión comezarás a sentir beneficios como que diminúe a dor crónica, mellora a mobilidade, non ten efectos secundarios negativos e reduce (ou mesmo elimina) o uso de medicamentos.
Cómpre, ademais, destacar que en García e Lestón contamos con dúas ferramentas adicionais que nos permiten que cada incisión sexa aínda máis precisa:
- Empregamos un ecógrafo para ter unha vista completa do que imos abordar.
- Combinamos esta técnica co Pointer, un instrumento que une a súa función de buscapuntos coas de estimulación eléctrica e láser. Grazas a el pódese regular a sensibilidade de localización e a intensidade do impulso.
Se cres que estas técnicas se poden adaptar a ti, visítanos na área de fisioterapia do noso centro integral de saúde e benestar. Coma sempre, entrarás polas nosas portas cun problema e sairás cunha solución… e coa sorpresa de ter coñecido unha nova ferramenta moi útil.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!