Menos pasos, menos pratos: axusta a túa alimentación
Notaches que neste último ano perdiches forma física? Ou quizá gañaches algo de peso?
Ás portas do -para nada festexable- aniversario do inicio da pandemia e de todo o que con ela chegou ás nosas vidas, é inevitable botar a vista atrás para ser conscientes deses cambios que trouxo ao noso día a día. Variacións que, sen dúbida, puideron afectar a practicamente todos os aspectos do noso comportamento habitual.
- En moitos casos, mudouse o lugar de traballo pola casa, o que implica unha redución nos desprazamentos que, de non existir a pandemia, se farían andando.
- O que antes era baixar a polo café, agora converteuse nun escaso paseo ata a cociña para servilo.
- En caso dos deportistas profesionais – ou non tan profesionais – seguro que a actividade se viu afectada en parte.
- Ou, sen ir máis lonxe, a obriga de peche de ximnasios provocou innumerables paradas no desenvolvemento dos adestramentos de cada un.
E agora, tendo todo isto en conta, dende García e Lestón queremos lanzarche a seguinte pregunta: soubeches adaptar a túa alimentación a todos os cambios que se foron producindo durante este último ano?
Unha das grandes vantaxes que temos como especie é a nosa capacidade de adaptación, aspecto que quedou completamente demostrado nos últimos 365 días, pero, para que este se produza, ten que existir vontade.
Do mesmo xeito que conseguimos adaptar o dormitorio de invitados nunha oficina ou o moble da entrada nun punto de desinfección, coas rutinas alimentarias teriamos que ter feito o mesmo e isto é unha situación que, na maioría das persoas, non se deu.
E para poñer fin a esta situación e coa finalidade de mellorar a condición física e nutricional de todos e todas, dende a área de nutrición do noso Centro Integral de Arteixo queremos deixarvos unha serie de consellos:
- Sé consciente da túa actividade, ponte en mans dun profesional se é necesario e coñece cal é o teu gasto calórico real.
- Adapta a túa alimentación a este gasto. Menos actividade, menos calorías.
- Planifica as comidas de toda a semana con antelación e realiza unha compra consciente e responsable dos produtos que realmente necesitas para cubrir esas necesidades.
- Tenta manter unha rutina nas túas comidas e cumprila.
- Procura levar unha dieta variada e equilibrada que inclúa froitas, verduras, legumes, peixe, carne e graxas saudables.
Cres que estás nesta situación e non soubeches xestionar todos estes cambios a nivel alimenticio? Todo o tema da nutrición quédaseche grande? No Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón Fisioterapeutas en Arteixo contamos cunha área específica de nutrición. Pide cita e comeza a gozar dos cambios que supón levar unha alimentación adaptada ás túas necesidades.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!