Fisioterapia, a solución dos teus esvaróns

Na pantalla e fóra dela, estes días ninguén fala doutra cousa: as redes sociais e os medios de comunicación enchéronse de imaxes de cidades que, contra todo prognóstico, se atopan cheas de neve. E con todas estas nevadas inesperadas chegaron tamén os vídeos con algún que outro escorregón.

En Galicia vimos tamén importantes xeadas, así que todo isto lévanos a pensar inevitablemente nunha das nosas áreas: a fisioterapia, unha disciplina básica nestes casos.

Frío ou calor? Repouso ou movemento? Hai preguntas que só pode contestar un especialista e, como sabes, unha caída pode quedar nunha simple anécdota ou, pola contra, supoñer algo máis grave: mazaduras, luxacións ou mesmo fracturas.

Cando acodes a un especialista, coma os que temos na área de fisioterapia do Centro Integral García e Lestón en Arteixo ou na sede do Club do Mar de San Amaro en A Coruña, realizaremos un primeiro exame no que valoraremos os danos e estipularemos cal será o proceder para solucionar o teu problema.

Poderías caer no erro de pensar que cando non se produce unha rotura de ósos a lesión deixa de ser grave, mais o certo é que este tipo de doenzas poden ser moito máis nocivas para o corpo.

A forma de actuar, coma en todo, varía en función do golpe e máis do paciente, co que podemos aplicar diversas alternativas:

 

  • Rehabilitación de distintas zonas do corpo.
  • Exercicios que contribúan á mobilidade ou o fortalecemento do lugar afectado.
  • Masaxes terapéuticas.
  • Estiramentos.

 

E ollo, porque a tentadora frase “Non fago máis os exercicios que me mandou o meu fisioterapeuta porque xa estou ben” é un erro total.

Se xa nos coñeces saberás que somos partidarios desa filosofía de que vale máis previr que curar, así que lembra que hai unha área da fisioterapia que se ocupa da prevencións das caídas, sobre todo en persoas maiores.

Nelas, o primeiro paso será realizar unha avaliación do risco para continuar cos exercicios personalizados de cada paciente, nos que, sobre todo, se traballa o equilibrio e a coordinación, realizando ademais adestramento de forza, resistencia ou movemento articular.

En García e Lestón non queremos que unha caída, e moito menos debido a Filomena, poida arruinar o túa día a día. Por esta razón, contamos con especialistas en nutrición, fisioterapia, psicoloxía ou adestramento que farán que nada te pare… nin Filomena, nin as nevadas nin as xeadas.

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *