Batch Cooking. Un menú delicioso e saudable a golpe de tupper
Batch Cooking. Un menú delicioso e saudable a golpe de tupper
Es dos/das que non teñen tempo para cociñar durante a semana? As túas obrigas causan que teñas que comer fóra da casa? Gústache xantar de xeito saudable pero sempre rematas por acudir a ultraprocesados que che axilicen o momento da comida? Entón precisas coñecer o batch cooking. No blog de hoxe contámosche que é e dámosche os consellos para que organices un menú semanal saudable.
O batch cooking ou “cociña por lotes” consiste en cociñar, en tan só unhas poucas horas, as nosas comidas da semana. Desta forma, non perderemos tempo todos os días en preparar un prato e evitaremos consumir comida rápida ou de baixa calidade. Así, esta técnica facilita o consumo de produtos caseiros incluso cando non estamos na casa, ou temos que comer no traballo.
Con todo, o achegamento da comida saudable ao noso día a día non é o único gran proveito que nos achega o batch cooking, grazas a esta técnica obtemos tamén un beneficio económico. Ao preparar todas as nosas comidas en tan só un par de horas, aforramos tanto no consumo enerxético dos nosos electrodomésticos como nos alimentos que consumimos, posto que podemos aproveitar o mesmo produto en varios pratos.
O primeiro que debemos facer, antes de proceder a cociñar, é un menú semanal no que organicemos as comidas que queremos realizar, que días as queremos consumir e que alimentos necesitaremos. O recomendable é empregar, entre outros produtos, unha ou dúas legumes, cereais, verdura de tempada e unha ou dúas carnes e peixes. Despois de facer a nosa compra, na cal debemos intentar escoller os alimentos máis frescos, xa podemos elaborar os pratos.
Por outra banda, a hixiene e a conservación son outros dous puntos fundamentais no batch cooking. Non debemos esquecer que estamos a preparar comidas que van ser almacenadas durante varios días. Debemos poñer moita atención na manipulación que facemos dos produtos e o seu correcto envasado. Aquí unhas chaves que che poden resultar de axuda:
- Limpa ben as mans e os utensilios que utilizarás para cociñar.
- Utiliza envases limpos, herméticos e apropiados para almacenar comida.
- Cociña o suficiente os alimentos e procura evitar que entren en contacto con produtos crus.
- Garda rapidamente as comidas que precisen baixas temperaturas para non romper a cadea do frío.
- Quenta só as porcións que vaias consumir.
Agora que xa coñeces a técnica do batch cooking, quizais lle queres sacar o máximo proveito, para iso nada mellor que acudir a un/unha profesional. Na área de nutrición de García e Lestón podemos axudarche a preparar un menú rápido e saudable. Non agardes e consúltanos!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!