ATA ONDE ES CAPAZ DE CHEGAR NO TEU ADESTRAMENTO? COÑECE O AMRAP
Sabemos que nos últimos anos o crossfit está a gañar popularidade pola súa versatilidade e pode que, nalgún dos teus adestramentos, viras a sigla AMRAP e non soubeses de que se trataba.
Estas cinco letras significan “As Many Rounds As Possible”, é dicir, “Tantas Repeticións Como Nos Sexa Posible” en inglés. Esta modalidade de adestramento está pensada para aquelas persoas que realizan exercicios anaeróbicos e, por suposto, para aquelas ás que lles apaixona adestrar cunha alta intensidade. O AMRAP está deseñado para axudar ás persoas que realizan deporte a superar os seus límites e conseguir resultados físicos, pero tamén emocionais pois, cando o noso corpo non pode máis, é a mente a que a que ten o papel determinante.
Un aspecto positivo deste tipo de exercicios é que poden ser realizados por calquera persoa que practique actividade física, incluídas aquelas que estean a iniciarse no mundo do deporte. Como esta modalidade non obriga a cumprir un número de repeticións exacto, pode adaptarse ás condicións de cada persoa. Iso si, é fundamental coñecer ben os nosos propios límites posto que, de excedelos, poderiamos padecer lesións graves.
Outra das vantaxes do AMRAP é que non se precisa maquinaria específica para realizar os exercicios, podemos practicalos na casa, no exterior ou no lugar onde nos sintamos cunha maior comodidade para facer actividade física.
De que outros xeitos nos favorece o adestramento AMRAP?
- Axuda á perda de graxa: para asumir o esforzo, os músculos teñen que acudir máis á enerxía da graxa.
- Aumenta a resistencia cardiovascular e muscular: o AMRAP combina o adestramento de ambos factores pola relación exercicio – tempo.
- Leva pouco tempo: esta modalidade é ideal para as persoas que non dispoñan de moitos minutos para facer exercicio.
- Aumenta a resistencia mental: chegar ao límite implica non renderse e querer seguir avanzando.
As flexións, as sentadas, os burpees e os saltos a un caixón, cunha corda ou no propio sitio sen material son os exercicios típicos das rutinas de adestramento AMRAP. Con tan só dez minutos podemos construír unha rutina que combine estes movementos e completar o circuíto de actividades que deseñamos.
O deporte é imprescindible para unha boa saúde, polo que debemos buscar o xeito de incrementalo no noso día a día durante un longo período de tempo. En García e Lestón contamos co mellor equipo de profesionais formados/as no campo do adestramento para axudarche a conseguilo.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!