A presión non sempre é negativa. Descubre a presoterapia con nós!
Seguro que ben sabes que unha parte principal do noso sistema inmunitario é o sistema linfático, e que este, xunto ao circulatorio, son os encargados de eliminar os refugallos do organismo. Mais, coñecías que neste proceso pode contribuír positivamente e dun xeito enorme a contracción muscular?
A presoterapia é unha das técnicas de tratamento de fisioterapia que está a ser bastante empregada nestes últimos anos. Tal e como di o seu nome, consiste en aplicar presión en determinadas zonas do corpo para estimular a drenaxe linfática. É recomendable para as persoas que sofren alteracións na circulación a nivel venoso ou linfático, pero tamén adoitan empregar a presoterapia os e as deportistas despois dun adestramento de alta intensidade ou de competicións.
Pero como se realiza? Nesta técnica, tes que introducirte nun traxe pneumático dotado dunhas cámaras que aplican presións de aire ao longo das zonas do corpo afectadas. Estas ondas permiten que a corrente sanguínea dispoña do impulso que precisa para volver rapidamente ao corazón.
Non te preocupes nin teñas medo, ademais de non provocar ningunha dor, a presión de aire aplicada está en todo momento controlada, así como depende de cada paciente e da parte que queiramos tratar. Neste sentido, é ben importante que coñezas algúns dos beneficios que proporciona esta técnica:
- Elimina toxinas ao favorecer a circulación e as linfas poden expulsar mellor os residuos metabólicos.
- Diminúe os riscos de lesión ao ter unha musculatura mellor osixenada.
- Reduce a fatiga muscular e acelera a recuperación.
- Estimula o sistema circulatorio.
- Contribúe a reducir os niveis de estrés e tamén de rixidez no corpo.
Chegados a este punto, cómpre destacar que no noso Centro Integral de Saúde e Benestar García Lestón dispoñemos dunha vangarda tecnolóxica que nos permite ofrecerche un servizo de calidade e axustado ás túas necesidades. Deste xeito, a partir de hoxe mesmo vas poder gozar dunha nova incorporación: a Recovery Pump.
Con esta nova máquina coa que contamos, os resultados non tardarán moito tempo en aparecer! Entre as súas características destaca a presión axustable para cada paciente coa que conta, e que ademais imita o bombeo natural do corpo.
Se queres descubrir de primeira man todas os beneficios desta novidosa tecnoloxía, non dubides en visitarnos na nosa área de Fisioterapia de García e Lestón. Ao igual que sempre, entrarás pola porta cun problema e sairás cunha solución… e un sorriso baixo a túa máscara.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!