FISIOTERAPIA: UNHA AXUDA NON INVASIVA PARA LOITAR CONTRA A ESCLEROSE MÚLTIPLE
É posible que non a coñezas en profundidade, pero a esclerose múltiple afecta a case tres millóns de persoas no mundo.
Esta doenza neurodexenerativa e autoinmune é progresiva e afecta ao sistema nervioso central, provocando que o sistema inmunitario ataque a cuberta protectora dos nervios, a mielina. Hoxe contámosche en que consiste e como poden axudar os tratamentos da fisioterapia.
A esclerose múltiple non repercute en todas as persoas da mesma forma, pois depende de cales sexan as fibras nerviosas afectadas. Polo xeral, os síntomas están relacionados co movemento, cun maior entumecemento ou debilidade das extremidades, coa sensación de choques eléctricos con certos movementos -principalmente do pescozo-, tremores, falta de coordinación e marcha inestable. Do mesmo xeito, esta doenza pode provocar cansazo, mareos, problemas coa función sexual, a vexiga e os intestinos.
Ata o momento, non dispoñemos dunha cura completa para a esclerose múltiple, polo que os tratamentos están destinados a atrasar a progresión dos síntomas. A fisioterapia axuda a aliviar a dor e a mellorar a función física de forma non invasiva e de xeito personalizado, combinando exercicios, estiramentos e terapia manual.
Ademais, achega unha serie de beneficios:
- Mellorar a forma de camiñar.
- Permitir aprender a adaptarse aos cambios físicos.
- Recuperar habilidades.
- Desenvolver a forza e a resistencia.
- Aliviar síntomas específicos como os espasmos.
- Aumentar o rango de movemento e flexibilidade.
- Aprender a utilizar correctamente os dispositivos de apoio como scooters ou bastóns.
Por outra banda, a estimulación eléctrica é útil para causar unha contracción muscular e así producir movemento funcional. Así mesmo, o pilates terapéutico axuda a mellorar o control da postura e a estabilidade.
Como ves, a fisioterapia pode ser unha grande axuda dende o primeiro diagnóstico ata unha situación de esclerose múltiple avanzada. En García e Lestón contamos co mellor equipo para axudarche a ter unha maior calidade de vida.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!