Que a COVID-19 non te pare. A importancia dun bo estado físico fronte á enfermidade.
Sabías que o estado da túa forma física é fundamental ante as complicacións que nos pode traer a covid-19? As restricións impostas dende o comezo da pandemia, tales como os toques de queda ou a distancia social, fixeron que moitas persoas descoidaran o seu benestar físico, polo que consideramos importante explicarche os beneficios da práctica de exercicio nestes tempos pandémicos.
A actividade física é fundamental para alcanzar un estado de saúde óptimo que nos permita loitar contra as infeccións que provoca o virus. Os expertos afirman que manter un bo estado físico axuda a previr certas condicións que están estreitamente relacionadas coa hospitalización e a mortalidade en pacientes da covid-19 como:
- Diabetes
- Obesidade
- Hipertensión
- Enfermidades cardiovasculares ou respiratorias
En concreto, un destes factores como é a obesidade, comezou a estenderse entre a poboación durante o período de confinamento. Certos estudos afirman que o 31% da poboación mundial aumentou de peso en 2020. Coa realización de actividade física moderada non só axudamos a fortalecer o noso sistema inmune, senón que tamén podemos evitar problemas de saúde como a obesidade ou calquera outra patoloxía relacionada con ese incremento no peso.
Con todo, non debemos excedernos á hora de facer deporte, posto que o exercicio extremo pode chegar a ser prexudicial para a nosa saúde. Ante todo e como en calquera aspecto da vida, sentidiño!
Neste proceso de mellorar o noso estado físico, tamén debemos ter en conta a nutrición. Unha alimentación saudable en combinación coa práctica de exercicio moderado son factores chave para o noso benestar, non tan só físico, se non tamén psicolóxico. O deporte axúdanos a sentirnos ben, a liberar a mente de preocupacións, a reducir o estrés e, en xeral, a evitar enfermidades psicolóxicas como pode ser a ansiedade, unha das patoloxías que máis están a xurdir neste período tan convulso.
En García e Lestón, grazas ó noso equipo de fisioterapeutas, adestradores e nutricionistas, podemos axudarche a alcanzar, dun xeito totalmente personalizado, responsable e eficiente unha boa forma física para que poidas comezar a gozar dos seus beneficios. Que nada te pare!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!