Fisioterapia no deporte de elite. Non é só cuestión de rehabilitación

Cando debemos acudir a unha persoa profesional fisioterapeuta? A resposta de moitos e moitas será dicir que debemos ir cando teñamos algunha molestia, dor ou lesión da que precisemos recuperarnos. Pero a fisioterapia non só cumpre un papel terapéutico, tamén é importante a súa faceta de prevención. Grazas ás técnicas e aos equipos necesarios podemos adiantarnos e sobrepoñernos aos inconvenientes físicos. No deporte, e especialmente na elite do mesmo, isto é fundamental. Por que? Contámoscho neste blog.

Unha doenza física pode supoñer un impacto moi grande na vida e carreira dun/dunha profesional do deporte, polo que deben estar en compañía dunha persoa fisioterapeuta que realice unha análise previa das carencias e comportamentos que poidan supoñer un risco de lesión en relación coa súa disciplina e que teña en conta as súas lesións previas.

Así, o adestramento forma parte desta prevención. O/A profesional que faga de guía no proceso deberá propoñer unha serie de exercicios para mellorar o equilibrio, a flexibilidade, a forza e a hixiene postural. Con este traballo previo non só se conseguirá poñer a forma física do/da deportista a punto para evitar lesións, tamén axudará a conseguir mellores resultados e a dar o 100% en cada competición.

Malia todo, se finalmente se produce unha lesión, entón o obxectivo do/da fisioterapeuta será o de axudar ao/á doente a rehabilitarse dunha forma eficaz e sen présa para non correr o risco dunha recuperación a medio camiño. Do mesmo xeito, a persoa profesional deberá acompañar ao/á deportista na volta ao exercicio físico para unha adaptación paulatina ao mesmo.

Por outra banda, será tamén o equipamento o que xogue un papel fundamental para unha correcta rehabilitación. Tecnoloxías de vangarda como a radiofrecuencia e o Sistema Súper Indutivo supoñen unha moi boa maneira de actuar de forma localizada sobre os tecidos para facilitar a recuperación incluso de roturas.

Por último, estar no cume dunha disciplina deportiva, non só implica unha especial atención sobre a forma física. Un/Unha deportista de elite debe estar rodeado/a dun equipo especializado tamén en aspectos como a nutrición ou apoio psicolóxico, esencial debido á presión que supoñen as competicións. Alcanzar un benestar físico e mental será garantía de éxito.

E é que como di o dito: é mellor previr que curar. Para levar a cabo unha actividade deportiva dun xeito seguro, sexa cal sexa a túa disciplina e nivel, a fisioterapia, en conxunto cun coidado integral da saúde, será unha aliada indestrutible. En García e Lestón temos a tecnoloxía e ao mellor equipo profesional en cada unha das nosas áreas para ser o teu apoio en fisioterapia, adestramento, nutrición e psicoloxía.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *