Diabetes e actividade física. Unha aliada imprescindible para o teu benestar

O exercicio físico é un pilar fundamental no coidado da nosa saúde que cobra aínda máis importancia no tratamento de certas doenzas como é, neste caso, a diabetes. Realizar deporte axúdanos a controlar mellor esta afección e os efectos que produce no noso organismo. Por iso, no blog de hoxe falaremos de como podemos enfocar esta actividade e dos beneficios que achega para os/as doentes.

A diabetes fai que aumenten os nosos niveis de glicosa no sangue, podendo producirse un exceso desta: hiperglicemia. Isto orixínase por un déficit na produción de insulina, unha hormona que fabrica o páncreas e que utiliza esa glicosa como fonte de enerxía para os nosos músculos e tecidos. Exceso de sede, perda de peso, cansazo, necesidade de ouriñar moi frecuentemente ou visión borrosa son algúns síntomas que poden indicar que temos diabetes de tipo 1 ou de tipo 2.

No caso de padecela, e como che adiantabamos antes, a actividade física é un paso fundamental no tratamento da diabetes, xa que non só mellora os nosos niveis de glicosa no sangue, tamén ten outros efectos beneficiosos para os/as seus/súas doentes:

  • Aumenta a sensibilidade á insulina
  • Mellora o uso que fai o músculo da glicosa
  • Axuda a controlar o peso
  • Mantén en niveis normais a presión arterial
  • Prevén doenzas cardiovasculares

Entón, que medidas debo tomar se quero incluír a práctica de deporte no meu tratamento da diabetes? O aconsellable é realizar uns 20 ou 30 minutos de exercicio aeróbico cada dous ou tres días, por exemplo: camiñar, correr, nadar, montar na bicicleta, etc. Este tipo de actividade mellora a nosa circulación e favorece a obtención de enerxía.

O adestramento de forza tamén pode resultar útil nestes casos, posto que axuda a manter a nosa capacidade muscular, que se pode ver afectada pola diabetes, ao mesmo tempo que axuda a controlar a glicosa.

Con todo, cando realizamos deporte estamos expostos/as a unha serie de riscos relacionados, principalmente, coa hipoglicemia (baixo nivel de glicosa). Polo tanto, debemos tomar algunhas precaucións:

  • Antes de comezar a facer exercicio, mide o teu nivel de glicosa no sangue. O recomendable é ter un valor entre 130 e 250 mg/dl.
  • Volve medilo ao rematar a sesión, pois a actividade fai que diminúa. O valor pode ser baixo durante un período de 4 a 8 horas despois, polo que é recomendable continuar facendo medicións.
  • Sentir debilidade, tremores, confusión ou dor de cabeza durante o adestramento pode indicar un estado de hipoglicemia. Nese caso debes parar e inxerir comidas ou bebidas con carbohidratos para incrementar o nivel de glicosa no sangue.

Xa coñeces algúns dos beneficios que achega o exercicio para as persoas con diabetes. Con todo, sempre é recomendable que un/unha profesional nos indique que tipo de actividade podemos realizar e con que intensidade. Se buscas onde comezar ese adestramento, en García e Lestón podemos axudarche.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *