Dependencia emocional. Non deixes que controle as túas relacións

Non é un segredo para ninguén, as relacións humanas son complexas, especialmente as amorosas. Por iso, son moitas as persoas que non logran establecer unha conexión realmente sa e estable coa súa parella. Así pois, este é un problema moi presente hoxe en día, por desgraza, entre os e as adolescentes.

Seguro que escoitaches en innumerables ocasións o termo “dependencia emocional”. Que é? Falamos de dependencia emocional cando nunha relación, ben sexa romántica, de parentesco ou de amizade, unha das partes coloca ao seu compañeiro ou compañeira ante a súa propia estabilidade. Estas situacións poden chegar a ser realmente perigosas para a persoa con dependencia emocional, xa que nestes casos é común observar na parella dous roles moi definidos: por unha banda a persoa sometida e pola outra a controladora.

Ademais, a parte da relación obediente tende a idealizar á outra. Isto pode causar, non só que sexa incapaz de ver comportamentos e condutas negativas cara el ou ela, senón que busque unha xustificación para eses actos: “faino porque me quere”, “esta situación é culpa miña”, etc.

Outras características propias dunha persoa con dependencia emocional son:

  • Medo excesivo a romper a relación e á soidade.

  • Necesidade de atención constante del/dela.

  • Celos.

  • Ansiedade por non poder estar en todo momento coa outra persoa.

  • Non parar de pensar e falar sobre el/ela.

  • Buscar agradar á parella en todo momento e descoidar os desexos propios.

As consecuencias de manter una relación así pasan por unha perda da autoestima (“nunca serei suficiente para el/ela” “non merezo que me queira ninguén” “non son capaz de establecer unha relación sa”, etc.), das relacións con familiares e amigos/amigas, do interese polas afeccións e mesmo pode desembocar en ansiedade ou depresión.

Que podo facer se teño este tipo de vínculo? Ser consciente da situación na que te atopas é un paso complexo. Con todo, resulta fundamental aprender a pasar tempo só/soa e a non saltar de relación en relación. A soidade pode ser algo moi difícil de superar para unha persoa tan dependente, pero é necesaria para poder pensar nun/nunha mesmo/mesma e nas súas necesidades. Comeza por realizar actividades que che gusten para que sexa máis doado. Do mesmo xeito, tamén debes aprender a dicir “non”, a establecer límites e a non dar máis do que recibes. Tamén pode ser de moita axuda coñecer a xente nova e ampliar o teu círculo de amizades.

Con todo, é recomendable que acudas a unha persoa profesional da saúde mental só/soa ou en compañía da outra persoa. O equipo de García e Lestón guiarate no camiño por lograr unha relación sa cos demais e contigo mesmo/mesma.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *