Cando a calor aperta, a fame afrouxa

O verán é unha tempada para descansar, gozar da calor, asistir a eventos… e continuar co coidado da túa alimentación. O aumento das temperaturas fai que pasemos máis tempo fóra de casa, prefiramos as comidas frías e, ás veces, non queremos estar todo día na cociña, polo que un erro que podemos cometer é optar pola “fast food”.

Estes meses de vacacións son ideais para adquirir uns hábitos saudables e unha rutina que favoreza unha dieta ordenada e completa. Por estes motivos hoxe che traemos algunhas recomendacións que farán que isto sexa unha tarefa ben doada.

Durante a época estival vai máis calor e a potencia do sol é maior, ao igual que a humidade, o que causa que o teu organismo transpire máis para regular a temperatura. O resultado é a perda de auga e sales minerais.

A solución é manter unha adecuada e constante hidratación, ademais do consumo de alimentos ricos en vitaminas, aminoácidos e minerais que axudarán a que o teu corpo teña a enerxía necesaria.

Neste sentido, unha boa opción son os pratos nutritivos de fácil dixestión e con poucas graxas, como son as macedonias ou as cremas. Pero, a gran protagonista do verán é a ensalada: podes adaptala ao teu gusto e engadirlle uns ingredientes moi variados como froitos secos ou legumes para que teña todo tipo de cores e sabores.

Igualmente, as froitas tamén son elementos claves para coidarte baixo os efectos da calor e os produtos de tempada como o melón, os pexegos ou as cereixas poden ser moi bos aliados. Aquí podemos mencionar un en concreto que presenta unha chea de beneficios: a sandía. Esta froita é a fonte natural máis importante de auga, con vitaminas A e C, e rica en licopeno e betacaroteno, apropiados para coidar a túa saúde cardiovascular.

Como podes ver, levar un estilo de alimentación saudable é ben sinxelo, e algo que non debes esquecer nesta ecuación é a importancia de combinar estes consellos co exercicio físico para queimar as calorías e graxas que o corpo non precisa.

No noso Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón contamos cunha área específica de nutrición na que che axudaremos a adquirir unhas rutinas axeitadas para que manteñas estes hábitos durante todo o ano. Pide cita connosco e goza dunha alimentación personalizada e equilibrada!

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *