Alimentación atlántica. Outra opción para ter en conta no noso menú

Tes escoitado falar en innumerables ocasións sobre a alimentación mediterránea e os múltiples beneficios que achega ao noso organismo. Con todo, na propia Península Ibérica temos máis opcións coas que gozar dunha nutrición saudable e saborosa como é a alimentación atlántica, tamén estendida en países como Francia ou Inglaterra.

E é que se es de Galicia, Asturias, o norte de Portugal, Cantabria ou o País Vasco, de seguro que xa aplicas a alimentación atlántica en moitos pratos que consomes no teu día a día, pero, coñeces todos os seus segredos?

Tanto se estás algo familiarizado/a con esta alternativa, como se procedes doutras zonas máis vinculadas a outros estilos de alimentación, debes saber que a atlántica aposta polos produtos traídos do mar e da terra. A Fundación Dieta Atlántica danos unha serie de recomendacións para o seu consumo:

  • Pescados e mariscos unhas tres ou catro veces por semana.
  • Cereais, patacas e legumes en abundancia.
  • Froitas e hortalizas, como repolo ou grelo, habitualmente.
  • Leite e derivados como o queixo a diario.
  • Viño e carne de cocho, vacún, caza ou aves de xeito moderado.

Outra das súas características máis importantes é a relevancia que teñen no menú os alimentos de tempada e de produción local, co que non só se conseguen produtos máis frescos e menos procesados, senón que se logra reducir o seu impacto sobre o medio ambiente.

Así mesmo, o xeito de cociñar estas receitas tamén estará estreitamente vinculado a esa procura da alimentación saudable, alterando o mínimo posible a materia prima e evitando a graxa. Polo tanto, estas receitas faranse á prancha, cocidas, nun guiso e usando aceite de oliva tanto para cociñar como para aderezar.

Que beneficios achega ao noso organismo a alimentación atlántica? Os alimentos que a compoñen, especialmente o pescado, contan cun alto contido en ácidos graxos omega 3, vitamina D e minerais como o calcio, moi importantes á hora de coidar o noso corazón e previr doenzas cardiovasculares. Do mesmo xeito, mellora o noso tránsito intestinal grazas á fibra, presente nos cereais, legumes, verduras ou froitas e reduce o risco de padecer diabetes ou colesterol ao contar cunha gran presenza de hidratos de carbono.

Agora que xa o sabes todo sobre a alimentación atlántica, por que non darlle máis importancia no noso menú semanal? Se tes calquera dúbida ou precisas de axuda para encamiñar os teus hábitos, as persoas profesionais da área de nutrición de García e Lestón axudaranche en todo o que precises.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *