Verán de relax? Volve á túa rutina de adestramento con garantías
Estas vacacións quixeches descansar e deixaches atrás a túa rutina de adestramento? Durante o verán, é moi común que a xente desconecte do estrés da vida diaria e se desprenda de moitos hábitos como a práctica de exercicio regular ou a alimentación equilibrada.
O problema atopámolo cando regresamos deste período estival e imos realizar a nosa táboa de exercicios de sempre. O resultado? Un adestramento que nos resulta moito máis complicado.
O certo é que se pasamos un longo período de tempo sen actividade física, os nosos músculos vanse relaxando á vez que debilitando. Para volver ao noso estado físico necesitamos aclimatar o noso corpo pouco a pouco, comezando con exercicios sinxelos e aumentando a intensidade de maneira gradual.
Se tentamos volver á rutina sen un período de adaptación, é posible que os nosos músculos se sobrecarguen e suframos lesións. Algúns consellos que podes seguir para preparar o teu corpo ao comezo son:
- Introducir máis días de descanso na túa rutina.
- Aumentar o número de exercicios á hora de quentar e estirar.
- Levantar pouco peso.
- Retomar unha alimentación saudable.
- Manterse hidratado/a.
Para crear unha nova táboa de exercicios adaptada ás túas necesidades, é necesario que contes coa axuda dun/dunha profesional do adestramento que supervise e incremente pouco a pouco a intensidade para poder recuperar o túa condición física de xeito seguro.
Dende García e Lestón axudámosche a dar o primeiro paso con algúns exercicios de quecemento para preparar o teu corpo para a volta á rutina:
- Inclinación lateral: de pé e coas pernas separadas á altura dos ombreiros, levanta a man dereita por encima da cabeza e inclínate cara á esquerda sen mover o tren inferior e controlando o movemento cos músculos abdominais. Fai 10 repeticións a cada lado.
- Círculos cos brazos: de novo de pé, estira os brazos e fai círculos grandes e completos dende a pelve ata a cabeza. Despois de facer 10 ou 15 repeticións, cambia a dirección.
- Saltar á corda durante 3 minutos: este exercicio cardiovascular axudarache a fortalecer a túa resistencia, coordinación, respiración e a tonificar os teus músculos e articulacións.
Queres recobrar o teu estado físico despois das vacacións? En García e Lestón contamos con profesionais do adestramento que che axudarán a crear unha rutina completa de adaptación para volver a recuperar a túa saúde. Contacta connosco sen compromiso!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!