O verán estivo ben. É hora de volver a adestrar
O verán estivo ben. É hora de volver a adestrar
Calor, vacacións, viaxes, praia, piscina… O verán é unha época do ano na que adoitamos aproveitar o noso tempo libre e deixar de lado o adestramento. Pero setembro acaba de comezar e o exercicio volve ás nosas vidas como parte da rutina.
Con todo, moitas persoas cometen o erro de volver aos adestramentos que mantiñan antes de abandonar a actividade física durante a tempada estival. Debemos ser conscientes do que supón a volta ao exercicio despois dun período de descanso. Precisamos adaptarnos, buscar novas metas… Por iso hoxe ímosche compartir unha serie de consellos para que poidas retomar o adestramento do mellor xeito posible:
O primeiro que debes ter en conta é facer adestramentos progresivos. Non lle esixas ao teu corpo máis do necesario. Para volver á rutina comeza con sesións curtas, conforme te habitúes a ese esforzo, poderás ir aumentado a duración e a intensidade.
Logo de estar un longo período de tempo sen actividade física temos unha maior propensión a sufrir lesións durante as sesións de exercicio. Por iso é moi importante que quentes antes de adestrar e que realices estiramentos cando remates, así poñeremos a punto as nosas articulacións e músculos.
Busca unha motivación. Marca obxectivos fáciles de realizar a curto prazo, deste xeito será máis doado ver os resultados das sesións de exercicio. Facer actividade física en parella, con amigos ou familiares tamén pode darche ese pequeno empurrón que precisas para comezar o adestramento.
Ademais, é conveniente manter unha serie de hábitos saudables que nos axudarán a sentirnos mellor e a afrontar o adestramento dun xeito óptimo:
- Coida a túa alimentación: durante o verán deixámonos levar e é probable que cometamos excesos ou que non nos alimentemos correctamente. Combina o exercicio cunha dieta completa e equilibrada.
- Hidrátate: é moi importante que nos manteñamos hidratados durante todo o día, pero é de especial relevancia facelo cando realicemos exercicio para repoñer sales minerais.
- Descansa: O noso corpo precisa asimilar a actividade física que estamos a realizar. Non é necesario que adestres todos os días, con facer exercicio tres días á semana será suficiente para empezar.
Volver á rutina despois do verán é complicado, e tornar á actividade física aínda máis. Con todo, é importante realizar exercicio para manter o noso benestar. No noso Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón somos conscientes diso, polo que che brindamos as chaves que precisas para volver a adestrar dun xeito adecuado e sen ricos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!