Nadal 2020. Por que non ía brillar?
Chega o Nadal, unha época do ano na que as emocións están a flor de pel, moitas delas positivas como os reencontros, as rúas engalanadas coa maxia do Nadal, as ceas e sobremesas inmellorables ou os nenos gozando coa mellor das ilusións. Pero tamén é certo que notamos os ocos baleiros: aqueles que xa non están ou cos que non nos podemos xuntar polas circunstancias.
Pero somos persoas que nos adaptamos, xa o fixemos unha vez en marzo e agora o repetirémolo: distancia, illamento, grupos pequenos… poñendo da nosa parte podemos facer fronte ás situacións máis complexas e incluso enriquecernos no camiño. Hoxe dende a área de psicoloxía do Centro de Saúde e Benestar García e Lestón queremos achegarvos algunha recomendación que convide a ese cambio de mirada, a pór o foco na parte positiva e dar un paso máis que rompa coas propias barreiras mentais, permitindo gozar da situación que virá e poder combater o sufrimento emocional facendo que este nadal non deixe de brillar:
- Acepta a situación actual que estamos a vivir. Asimila a realidade e non crees expectativas en base aos desexos ou crenzas individuais.
- Intenta anticiparte mentalmente ás circunstancias para poder transmitirlle información a nenos, persoas maiores, adolescentes…
- Autocoñecemento e aprendizaxe: reflexiona sobre os propios avances persoais.
- As celebracións íntimas son unha moi boa opción. Goza daquelas persoas coas que si podes estar e non renuncies á esencia que para ti ten o nadal.
- Fai deste un nadal propio e persoal, libre de esixencias e formalismos sociais. Explora que che fai sentir ben e que aspectos son para ti importantes nestas datas.
- No caso de menores na familia, achegarlles seguridade e claridade a través da comunicación e o afecto. Fala sobre como serán estas datas, non amoses excesiva preocupación e goza do tempo en familia.
- Esfórzate! O cambio de actitude require da nosa implicación. Así que vence a pereza e actúa, promove emocións positivas!
- Valora os pequenos detalles: a decoración, os paseos cotiáns, as conversas cos teus seres queridos…
- Síntete orgulloso polo esforzo de facer as cousas ben: por protexerte a ti e aos teus, polo compromiso social e pola responsabilidade que temos en todo isto.
Se a pesares destes conselliños non consegues manter lonxe o desánimo para este Nadal distinto, podes poñerte en contacto co noso servizo de psicoloxía. Que sexan unhas festas diferentes non quere dicir que vaian ser peores. Adoptar outra mirada depende de nós!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!