Fisioterapia a domicilio, por que deberías tela en conta?

A fisioterapia é unha parte esencial no coidado do noso benestar, e é por iso que non debemos descoidar este tratamento nin nos momentos máis complicados.

Ante a situación pandémica que atravesamos é común que moitas persoas non poidan saír da súa casa, simplemente non queiran ou non lles sexa posible desprazarse con facilidade. A fisioterapia a domicilio é unha resposta lóxica e natural a este problema e permite que os grupos de risco da covid-19 poidan recibir un tratamento adecuado na comodidade do seu fogar. Por exemplo:

 

  • Pacientes de cancro.
  • Cun sistema inmune débil.
  • Persoas de idade avanzada ou con problemas de mobilidade.
  • Con diabetes ou obesidade.
  • Con patoloxías respiratorios ou enfermidades cardíacas.

 

Recibir estes coidados na casa reduce a posibilidade de contraer o virus a todos estes grupos de risco, polo que a opción de fisioterapia a domicilio e na comodidade do fogar será unha máis de todas as respostas que estamos a dar, dende García e Lestón, ás necesidades que xorden a raíz da situación actual. Do mesmo xeito, esta modalidade de fisiotarpia é a mellor alternativa para persoas dependentes, con escasa mobilidade, con algunha discapacidade ou doentes de lesións ou operacións que precisen de repouso.

Que o/a fisioterapeuta poida levar un seguimento máis personalizado do paciente, que teña a posibilidade de coñecer e comprobar a súa rutina e proporcionarlle indicacións, que o paciente se sinta moito máis cómodo ou que se reduzan os tempos de recuperación ao deixar de lado o desprazamento ata a clínica, son só algúns dos múltiples beneficios que podemos atopar neste tipo de servizos.

Nestes momentos o coidado da túa saúde é máis importante que nunca, dende García e Lestón somos conscientes e por iso ofrecemos o noso servizo de fisioterapia domiciliaria para que nada te free e para facer da túa recuperación algo máis doado, seguro, rápido e eficaz. Porque o compromiso que temos establecido co benestar dos nosos pacientes non se vai romper con nada.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *