Que a alimentación non sexa unha carga máis. Como afecta a nutrición ás nosas costas?
De seguro que sufriches dor de costas máis dunha vez no último ano. España é un dos países con maior número de persoas que padecen esta afección. Moitas son as causas que a promoven, entre as que se atopan o embarazo, unha mala hixiene postural, o sobrepeso, a tensión, a idade e ata a nosa dieta.
Unha mala alimentación debilita o noso sistema inmune, facendo que sexamos máis propensos/as a sufrir inflamacións e doenzas que prexudiquen o noso corpo e alteren a nosa calidade de vida. Para coidar a nosa saúde é necesario manter unha nutrición equilibrada. Por iso, dende García e Lestón contámosche cales son os alimentos que tes que empezar a incorporar no teu día a día para evitar estas dores.
- Alimentos antiinflamatorios: existen diferentes produtos naturais que axudan a combater e reducir a inflamación, como son os froitos vermellos, cereais integrais, xenxibre, apio, té verde, cogomelos, aceite de oliva virxe extra, noces, améndoas, ananás, etc. Esta última, ademais, conta con bromelina, unha encima moi beneficiosa para estes casos.
- Alimentos antioxidantes: algunhas das comidas mencionadas anteriormente tamén conteñen propiedades antioxidantes que neutralizan os radicais libres do noso organismo, evitando diversas doenzas. Nós recomendámosche o allo, cebola, remolacha, col, repolo, brócoli e en xeral os vexetais de folla verde.
- Alimentos ricos en Omega 3: o peixe azul é unha opción excelente para mellorar a saúde do noso organismo. Ademais, hai certos produtos como a carne, o marisco ou os ovos que achegan vitamina B12, que axudan á formación de glóbulos vermellos na medula ósea.
Outro factor fundamental é a hidratación, situando a auga como bebida principal e evitando o consumo de bebidas azucradas e gasosas. Outros hábitos menos aconsellables que debemos evitar son:
- O alcohol: esta substancia en exceso impide a absorción de micronutrientes e favorece as dores de costas.
- A cafeína: a súa función estimulante pode provocar tensión muscular.
- O tabaco: contribúe á dexeneración dos discos intervertebrais, xa que diminúe a achega de osíxeno incrementando o risco de padecer esta doenza de forma crónica.
Se estes consellos non son suficientes, dende García e Lestón contamos cun equipo de profesionais da fisioterapia que establecerá un tratamento adaptado ás túas necesidades que libere calquera malestar que afecte á túa calidade de vida.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!