Nin un paso atrás na túa calidade de vida: consellos para tratar a fascite plantar
Levántaste da cama con dor de talón? Pode que deixáramos o verán atrás, pero algunhas consecuencias dos nosos hábitos durante estas vacacións poden seguir connosco.
Co aumento das temperaturas, adaptamos a nosa rutina e o noso vestiario ás condicións climáticas, gardamos a roupa de abrigo e sacamos vestimentas máis frescas. Unha das máis utilizadas é o uso de chanquetas e sandalias. Pero, realmente favorecen aos nosos pés? O certo é que este tipo de calzado non adoita proporcionar nin suxeición nin amortecemento, o que favorece a aparición de lesións.
Unha das doenzas ortopédicas máis comúns é a fascite plantar. A fascia é unha banda de tecido grosa que conecta o óso do talón cos dedos dos pés. O síntoma máis común que nos advirte desta enfermidade é a rixidez e a dor na parte inferior do talón. Outro signo moi habitual é ter molestias na planta do pé.
Tamén é posible que a dor se acentúe en certas situacións:
- Ao dar os primeiros pasos pola mañá.
- Despois de estar sentado/a durante certo tempo.
- Mentres se están subindo escaleiras.
- Durante a práctica de deporte.
Existen diferentes tratamentos para esta patoloxía, que se abordan principalmente dende a fisioterapia. Por iso, dende García e Lestón queremos darvos algúns consellos para aliviar os seus síntomas no día a día.
- Realiza estiramentos cada mañá nas túas pernas, centrándote nos xemelgos, a planta do pé e o tendón de Aquiles.
- Sitúa unha botella con auga fría na planta do teu pé e faina rodar durante dez minutos.
- Masaxea a fascia plantar durante tres minutos.
A fascite plantar interrompe a realización das túas tarefas frecuentemente? Isto pode provocar unha perda na calidade de vida, xa que nalgúns casos pode alterar completamente a rutina dunha persoa. En García e Lestón contamos con profesionais da fisioterapia que che axudarán a tratar esta patoloxía creando unha táboa de exercicios adaptada ás túas necesidades. Non o dubides máis e comeza cada día con bo pé!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!