Como combater a sarcopenia. Dálle protagonismo aos exercicios de forza
Ter unha vida saudable e activa non serve unicamente para gozar máis do día a día, senón para anticiparnos ás doenzas que poidamos padecer nun futuro e garantir unha maior facilidade para afrontalas chegado o momento. Unha das afeccións ás que que lle podemos gañar esta carreira é a sarcopenia.
Esta doenza baséase na perda de masa, forza e funcionamento dos músculos e afecta, especialmente, ás persoas de idade avanzada. Adoita manifestarse debido ao paso dos anos, pero tamén inflúen outros factores como a ausencia de actividade física ou unha mala alimentación. Ademais destas principais causas, existen outras patoloxías que poden contribuír ao desenvolvemento da sarcopenia:
-
A resistencia á insulina.
-
Doenzas crónicas, sobre todo as relacionadas con procesos inflamatorios.
-
Cancros.
-
Alteracións nutricionais.
-
Déficits hormonais.
-
Envellecemento do sistema nervioso central.
Como saber se padecemos sarcopenia? O síntoma máis común é a sensación de debilidade, pero outros indicativos de que temos esta afección poden ser: dificultade para levantarse dunha cadeira, menor velocidade á hora de camiñar ou caídas reiteradas. En moitas ocasións, as persoas que sofren sarcopenia tamén presentan unha perda de peso non xustificada. Outras consecuencias derivadas desta enfermidade poden ser o aumento no risco de ter unha fractura ou lesión, hipertensión, obesidade ou diabetes, o que supón un empeoramento notable da calidade de vida.
Que podemos facer para afrontar esta doenza? Unha das chaves fundamentais do seu tratamento é o deporte, concretamente os exercicios de forza. Estas actividades permitirannos fortalecer a nosa masa muscular. Para realizalas, ben podemos utilizar elementos de resistencia externa como unhas pesas ou unhas bandas elásticas, ou ben podemos usar o noso propio peso corporal.
Por outra banda, a sarcopenia vai asociada a unha perda da independencia ao non poder realizar as accións do día a día. Por iso, o adestramento funcional tamén resulta moi importante. Grazas a el, poderemos practicar exercicios que se adapten ás nosas condicións físicas, polo que é un bo xeito de recuperar a mobilidade. Unha actividade moi característica deste tipo de adestramento son as sentadas: imitando a acción de sentar, estaremos activando un gran grupo de músculos e conseguindo moi bos beneficios.
O equipo de adestramento de García e Lestón está formado polas persoas profesionais indicadas para que afrontes a sarcopenia do mellor xeito posible, ben sexa grazas aos nosos grupos de adestramento funcional ou aos exercicios de forza. As nosas áreas de nutrición, psicoloxía e fisioterapia tamén che axudarán a reducir o impacto desta doenza na túa saúde.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!