Coida dos teus ósos. Así nos axuda a fisioterapia contra a osteoporose
Os malos hábitos -como unha mala alimentación, sedentarismo, consumo de tabaco, etc.- condicionan a nosa calidade de vida, favorecendo a aparición de numerosas doenzas, tanto físicas como psicolóxicas, incluso aquelas nas que a principal causa é a idade. Un exemplo diso é o aumento de casos de pacientes cada vez máis novos con osteoporose.
A osteoporose é unha enfermidade que se caracteriza pola debilitación dos ósos debido á perda de masa ósea que producen os mesmos. Dende que nacemos e ata que chegamos á idade adulta, os nosos ósos están en constante rexeneración e hai un equilibro entre a masa que se destrúe “vella” e a renovación con masa “nova”. A partir dos 30 anos, esta rexeneración torna máis lenta, o que provoca un desequilibrio que propicia a aparición de fracturas, xa que os nosos ósos son máis fráxiles e, polo tanto, máis vulnerables.
Esta afección prexudica maioritariamente ás mulleres. Isto asóciase á falta de estróxenos tras a menopausa, xa que uns niveis baixos de hormonas e poucos períodos de menstruación provocan unha perda da densidade da masa ósea.
A principal causa que desenvolve esta doenza é a calidade dos nosos ósos. Con todo, hai diversos factores -como a xenética, a mala alimentación, certos medicamentos, falta de vitamina D ou a menopausa- que axudan á aparición desta afección.
O diagnóstico adoita darse cando a enfermidade xa está moi desenvolta, xeralmente cando a persoa sofre unha fractura, xa que non existen uns síntomas específicos que alarmen ao/á paciente.
A continuación, imos nomear algún dos aspectos máis comúns que poden experimentar as persoas con osteoporose:
- Perda de estatura: malia que imos perdendo altura cando envellecemos, a perda é bastante brusca no caso desta afección.
- Costas dobradas.
- Dor intensa nalgunha zona do noso corpo despois dunha caída: isto pódese deber a unha fractura dalgún óso.
Un dos tratamentos máis eficaces para combater esta doenza recae na fisioterapia, xa que axuda nas estratexias de xestión da dor, mellora a postura e o equilibrio e fortalece os nosos músculos e ósos. Hai multitude de técnicas que poden utilizar os/as profesionais, as máis habituais son:
- Usar electroterapia para favorecer o desenvolvemento e a absorción de calcio a nivel intracelular.
- Traballar a actividade física a través da cinesiterapia activa, onde o/a fisioterapeuta establecerá unha serie de exercicios segundo as necesidades do/a paciente que mellorarán a mineralización do óso.
- Reeducar a postura para evitar malos hábitos.
En García e Lestón contamos con profesionais da fisioterapia que estudarán o teu caso e aplicarán as técnicas que mellor se adapten ás túas necesidades para frear o avance da osteoporose. Mellorar a túa calidade de vida é posible, contacta connosco sen compromiso!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!