BLOG PSICOLOXÍA: SÍNDROME DE BURNOUT. A SENSACIÓN DE QUEIMARSE NO TRABALLO

Algunha vez idealizaches unha situación que estaba por suceder ou un traballo no que tiñas moitas ganas de comezar, pero as túas expectativas non se cumpriron en ningún caso? Existía unha diferenza bastante notable entre o que imaxinabas e a realidade e sentes que estás queimado/a? Esta sensación é común e ten un nome: a Síndrome de Burnout.

Este trastorno caracterízase, principalmente, polo estrés desencadeado polo mundo laboral e por unha mala resposta individual cara el. Con todo, non debemos deixalo a un lado, posto que mesmo a OMS o cataloga como un risco laboral. É común que a Síndrome de Burnout apareza naquelas persoas que escollen a súa profesión de xeito vocacional.

Ademais dos altos niveis de estrés, a carga de traballo excesiva, a ausencia de autonomía, as malas relacións laborais e a falta de formación para desenvolver as distintas tarefas do traballo son as principais causas que poden facer aparecer esta síndrome. Existen, ademais, certos factores de personalidade que inflúen nela, como son o conformismo, as inseguridades, a baixa autoestima e o perfeccionismo.

Que senten as persoas que sofren este trastorno? Hai unha serie de manifestacións comúns:

  • Sensación de esgotamento, fracaso e/ou impotencia
  • Menor realización persoal
  • Nerviosismo xeneralizado
  • Dificultade para concentrarse
  • Dor de cabeza
  • Taquicardias
  • Insomnio
  • Irritabilidade
  • Baixo rendemento
  • Comunicación deficiente

A Síndrome de Burnout caracterízase por ser progresiva, é dicir, vai medrando pouco a pouco co tempo e pode afectar a longo prazo á hora de tomar decisións ou resolver problemas que nun primeiro momento poden parecer sinxelos. Pero, este trastorno pode derivar en consecuencias máis graves como o abuso de substancias, a depresión ou a psicose.

O papel principal para a prevención desta síndrome teno a empresa, que debe analizar os problemas existentes así como proporcionar ferramentas e solucións para que a persoa empregada poida desenvolver as súas tarefas da mellor forma posible. Por outra banda, é necesario que esta modifique as súas expectativas respecto ao traballo cara unhas máis realistas.

No caso de que sexa demasiado tarde, levar a cabo un tratamento psicolóxico centrado na psicoeducación e o autocoñecemento é fundamental para xestionar o estrés ou mellorar a autoestima. Así mesmo, debe centrarse en traballar a resiliencia, que é a capacidade de superar experiencias traumáticas. En García e Lestón podes atopar ao mellor equipo de persoas profesionais no campo da psicoloxía, que che axudarán a identificar o que che está a pasar e a poñerlle solución.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *