Alimentación vexetariana e completa. Non é un mito.
Cada vez é máis popular levar unha alimentación vexetariana sen consumo de carnes nin pescados. Ademais das causas ideolóxicas que nos poden levar a aplicala, este tipo de nutrición axuda a previr ou tratar condicións relacionadas co noso benestar, como as doenzas cardiovasculares, a aterosclerose, a diabetes tipo 2 e a hipertensión.
Con todo, moitas persoas cren que este xeito de consumir a comida non é sostible no tempo e que incluso pode chegar a ser prexudicial. Neste blog contámosche se isto é así e que posibles inconvenientes debes ter en conta para evitalos.
Para comezar, debes saber cal é a diferenza entre ser vexetariano/a e vegano/a. Mentres as persoas vexetarianas só suprimen os produtos de orixe animal na súa alimentación, as persoas veganas adaptan isto ao seu estilo de vida, consumindo roupa, calzado ou mesmo cosméticos respectuosos cos animais.
Unha das principais preocupacións á hora de aplicar este xeito de consumir comida á nosa rutina é a obtención de proteína e vitamina B-12, pero non hai nada do que alarmarse. Hai unha serie de produtos de orixe non animal que achega unha gran cantidade de proteína. No primeiro posto temos os garavanzos, que son ricos en fibra, polo que nos axudan tamén co noso tránsito intestinal. As lentellas, moi típicas da época outonal e invernal, a soia, o arroz integral, a quinoa ou os cacahuetes tamén son unha moi boa opción.
Respecto á vitamina B-12, este é o principal risco das persoas que levan unha nutrición vexetariana ou vegana. A ausencia desta vitamina pode causar anemia e trastornos neuropsiquiátricos que poden chegar a ser severos e irreversibles. Consumir ovos e lácteos non asegura o aporte necesario desta vitamina, polo que sempre é recomendable que unha persoa experta che indique unhas pautas para a suplementación en función da túa idade e fisioloxía.
Agora xa sabes que, consumindo os alimentos axeitados e tomando os coidados necesarios, unha alimentación afastada do consumo animal é posible. Non obstante, é moi recomendable contar co apoio dunha persoa especialista na nutrición. En García e Lestón atoparás ao mellor equipo profesional que te guiará cara unha alimentación totalmente saudable.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!