Castañas, choiva e saúde: coñece os consellos da nosa unidade de fisioterapia para este outono
Baixada das temperaturas, volta ás clases, días máis curtos, cores alaranxadas tinguen as árbores… Isto só pode significar unha cousa: o outono xa está aquí! Coa chegada desta estación, realízanse moitos cambios na nosa rutina, deixamos atrás a tranquilidade do verán e empezamos novos hábitos que estendemos ao longo do ano.
Moita xente asocia os meses de setembro e outubro como unha oportunidade para aprender idiomas, atopar novos pasatempos, coidar a súa alimentación ou practicar o seu deporte favorito, xa que é cando dan inicio a maioría de clases. Este cambio de rutina provoca unha necesidade de adaptación no noso organismo, o cal se pode ver bastante afectado, como vimos no blog da semana pasada co trastorno afectivo estacional.
Se este curso deches o paso de empezar a coidarte, dende a nosa unidade de fisioterapia dámosche algúns consellos para aclimatar o teu corpo a esta nova etapa:
- Descansa: para o correcto funcionamento do organismo é necesario durmir entre 7 e 8 horas diarias. Lembra que se non dás conciliado o sono, podes seguir unha serie de recomendacións básicas como non practicar actividade física polo menos dúas horas antes de deitarte, evitar ceas copiosas, non utilizar o móbil inmediatamente antes, etc.
- Exposición solar: para controlar os niveis hormonais, deberías tomar o sol na medida do posible e sempre con protección (lentes, crema, gorra…). Só necesitas 15 minutos para recargar a túa vitamina D!
- Realiza estiramentos: tanto se vas practicar deporte coma se vas afrontar un día de colexio ou traballo, é recomendable que realices uns pequenos exercicios de estiramento centrados en corrixir a mala postura, aumentar a flexibilidade e fortalecer os músculos.
- Hidrátate constantemente e mantén unha alimentación equilibrada.
- Realiza un exame físico: se retomas o adestramento despois dun certo período de tempo, é conveniente que un/unha profesional da fisioterapia avalíe a túa condición física e cree unha táboa de exercicios para preparar o teu corpo e evitar posibles lesións.
E ti, xa volviches á rutina? En García e Lestón contamos cos/cas mellores profesionais da fisioterapia e do adestramento que che axudarán a facer unha posta a punto completa para a túa volta á actividade física. Este outono goza das castañas e da túa saúde!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!