Adestramento outdoor e indoor, o bo de cada lado

A práctica deportiva podémola realizar de múltiples xeitos, de forma individual ou con máis xente, cunha longa ou curta duración… Igualmente, hai persoas que só adestran en espazos exteriores e outras no interior, pero hoxe ímosvos falar dos beneficios destes dous tipos de adestramento e por que combinar ambos é o ideal.

Os exercicios outdoor abranguen o deporte realizado ao aire libre e as actividades organizadas nas que existe o contacto coa natureza.

Entre os beneficios desta práctica podemos destacar que:

 

  • Non é estrita, podes modificala e facer múltiples variacións doadamente.
  • O contacto coa natureza e respirar aire fresco e puro mellora o estado de ánimo e a motivación, á vez que diminúe os niveis de tensión.
  • Presenta unha gran variedade de posibilidades como o ciclismo, running, patinaxe… e ata podes probar novos deportes!
  • Permíteche gozar dun espazo bastante amplo, o que reduce o contacto con outra xente, recomendable na actual situación de pandemia.

 

Pola contra, o indoor ten lugar en espazos pechados onde os elementos externos non dificultan a súa realización e as ferramentas dispoñibles o complementan, ademais:

 

  • Permite o adestramento específico sobre unha parte do corpo.
  • Os resultados son máis efectivos ao traballar con obxectivos puntuais.
  • Cantas veces viches pola ventá que chovía e deixaches o deporte para outro día? O clima non é un problema.

 

Xa coñecemos os beneficios destas dúas prácticas pero, aínda non estás seguro/a de como podes combinalas?

Nós recomendámosche empregar a outdoor como unha forma de gozar do aire libre e relaxarte vendo a paisaxe, complementándoa coa indoor ao carón dun adestrador/a persoal. O feito de ter profesionais á túa disposición permíteche realizar os exercicios que mellor se adapten a ti e traballar así dun xeito máis específico.

No Centro Integral de Saúde e Benestar García e Lestón contamos co mellor equipo profesional en adestramento persoal. Conseguiremos que facer exercicio non che dea preguiza nin o deixes para outro momento. A que estás agardando para comezar este camiño co mellor asesoramento?

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *