TRASTORNO DE DESPERSONALIZACIÓN. CONECTAS COA TÚA REALIDADE?

Sabías que a mente pode vivir unha experiencia subxectiva caracterizada por unha alteración na que a persoa se percibe a si mesma dende o exterior? Isto denomínase despersonalización e provoca que quen a experimenta sinta que non é el/ela a que está a vivir unha situación, senón que a observa dende fóra, tendo a sensación de perderse nun mesmo/a.

Todas as persoas que pasen por un momento de estrés intenso por cuestións laborais ou persoais, depresión ou ansiedade poden padecer un episodio. En ocasións, prodúcese como mecanismo de defensa, posto que os elementos estresores son tan desbordantes que a despersonalización permite afastarse de dita realidade para que sexa soportable. Cando se considera un problema? Cando estes momentos son recorrentes ou cando as sensacións de vivir todo dende o exterior nunca desaparecen na súa totalidade, o que chamamos trastorno de despersonalización – desrealización.

As persoas que padecen esta doenza presentan uns síntomas comúns e son totalmente conscientes do que está a pasar:

  • Sentimento de estar observando os pensamentos, o corpo e os sentimentos.
  • Impresión de non ter control da fala e dos movementos.
  • Sensación de distorsión das extremidades e a cabeza.
  • Entumecemento dos sentidos.
  • Sensación de que os recordos carecen de emoción ou que non son dun mesmo/a.
  • Illamento ou descoñecemento do espazo.
  • Sentimento de desconexión dos seres queridos.
  • Percepción deformada da contorna, sen cor, bidimensional, artificial ou borrosa, da forma e tamaño dos obxectos ou mesmo do tempo.

Á hora de diagnosticar se alguén padece o trastorno de despersonalización, as persoas profesionais poden valorar e descartar se os síntomas se manifestan ou non polo consumo de drogas ou alcohol mediante unha análise médica ou cunha avaliación psiquiátrica que axude a identificar se hai un trastorno e cal é en concreto.

O principal tratamento para o trastorno de despersonalización é a psicoterapia. O obxectivo principal é aprender a xestionar os síntomas para poder alivialos ou eliminalos na súa totalidade. Na psicoterapia, pódense aplicar diferentes enfoques terapéuticos, que dende diferentes prismas poden contribuír á mellora do/a paciente. Dous exemplos son a terapia cognitivo condutual e a terapia psicodinámica. A primeira busca tomar conciencia da situación e os pensamentos negativos para poder responder dunha forma máis efectiva. Por outra banda, a segunda estuda o inconsciente como responsable dos nosos actos.

Coidar a nosa saúde mental é tan importante como velar pola nosa saúde física. Por iso, debemos buscar a axuda necesaria e poñerlle solución a calquera doenza ou alteración da nosa normalidade sen ningún tipo de temor. En García e Lestón contamos co mellor equipo de persoas profesionais no campo da psicoloxía para darche a asistencia que precisas.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *