Dá o salto! Dinamiza o teu adestramento
Cando comezamos coa nosa rutina de exercicios, guiámonos moitas veces polo que nos é familiar: correr, camiñar ou montar en bicicleta para traballar o cardio, ou máquinas e pesas para adestrar a nosa musculatura e aumentar a forza. Con todo, en moitas ocasións deixamos atrás un tipo de exercicio que é tremendamente eficaz: os saltos.
Engadir saltos no noso adestramento é un moi bo xeito de traballar a potencia do noso tren inferior, posto que son estes músculos os que realizan o esforzo de, xa sexa no sitio ou cara unha plataforma que pode variar de tamaño e altura. Este exercicio ten cabida en calquera rutina e recoméndase, especialmente, nas que funcionan por intervalos de alta intensidade (HIIT) e en adestramentos pliométricos, nos que se aplica a maior forza posible no menor tempo efectuando movementos dinámicos.
Así a todo, os saltos non son recomendados nos casos nos que a persoa que está realizando os exercicios teña problemas na columna vertebral, como poden ser as hernias, ou complicacións nas articulacións, como a artrite.
Cales son as principais vantaxes que nos poden proporcionar os saltos no noso adestramento? Engadir novos exercicios supón unha maior variedade e, se son destas características, aumentan a intensidade. Ademais destes beneficios:
- Estimula o metabolismo.
- Activa o sistema linfático e facilita a eliminación de líquidos.
- Mellora a nosa axilidade, velocidade e coordinación.
- Axuda a ter unha mellor postura corporal e equilibrio.
- Traballa tanto os músculos como a resistencia, posto que facemos exercicios de forza e cardio á vez.
- Eleva os nosos niveis de serotonina.
- Mellora a absorción de calcio, o que supón unha maior masa ósea.
Un exercicio co que podes comezar a introducirte neste tipo de actividades son os burpees, nos que, partindo dunha postura vertical, pasamos a unha sentada para apoiar as mans no chan e facer unha flexión. Rematada esta primeira parte, recollemos as pernas para volver á posición de sentada e saltar cara arriba. Os saltos levando os xeonllos ao peito son tamén eficaces, sinxelos e moi útiles; así como as sentadas con salto. Moi parecidas son as zancadas con salto, malia todo, non son recomendadas para calquera, posto que é necesario ter equilibrio dabondo.
Engadir saltos na nosa rutina de adestramento é moi efectivo, posto que son un exercicio moi completo para conseguir todos os nosos obxectivos. Non obstante, hai que ter en conta as nosas condicións físicas e lesións previas para evitar certas doenzas ou perigos derivados da súa práctica. En García e Lestón contamos coas mellores persoas profesionais para guiarte cara un adestramento máis óptimo e cara unha vida saudable.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!