Equipamento
Agora que coñeces o noso equipo humano e as instalacións onde desenvolvemos a nosa actividade, é hora de compartir contigo o terceiro elemento que nos distingue doutros centros: o equipamento.
De feito, temos máquinas e dispositivos que están á vangarda do mercado e que nos permiten ofrecer tratamentos únicos aos nosos usuarios. Así, a tecnoloxía á nosa disposición sérvelles de complemento perfecto aos nosos diagnósticos, como o estudo de ecografía no noso centro de Arteixo.
Dispoñer deste equipamento de última xeración axúdanos a observar e detectar problemas nos músculos, articulacións, ligamentos, tendóns … e así avaliar obxectivamente o tecido lesionado. Ademais, esta tecnoloxía permítenos optar por mellorar o tratamento a seguir no campo da fisioterapia invasiva guiada por ultrasóns, como a agulla seca, a electrólise percutánea intratisular (EPI) ou a neuromodulación. Trátase dunha dotación que non teñen a maioría das clínicas, o que nos distingue da competencia.